Amosando publicacións coa etiqueta Concursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concursos. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de xuño de 2019

Xonxa compositora da nova sintonía da biblioteca de Librincios


Abre as portas de Librincios ...

Este ano fixemos un concurso para atopar unha sintonía para a nosa biblioteca e Xonxa compuxo con moita alegría esta cantiguiña, arropada pola súa familia .
Grazas a todos pola vosa participación .
O vindeiro curso abofé que imos disfrutar das distintas versións que faremos desta composición. 


Se premedes no enlace escoitaredes a fermosa cantiga de Xonxa

luns, 20 de maio de 2019

CONCURSO "OLLO DE VIDRO"

O pasado mes de abril varios nenos e nenas do colexio participaron no concurso "Ollo de vidro", que organiza o Festival de Cans, a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo, a Escola Oficial de Idiomas, o IES Castelao (Vigo) e o IES Pino Manso (Porriño). Pois...un dos nosos compis é finalista!!
PARABÉNS XABIER ARIAS!!
O mércores 22 de maio, ás 18.30h, proxectarán os videos finalistas, darán a coñecer os gañadores e farán a entrega de premios.
Disfruta moito do momento e moita sorte, Xabi!!
 

venres, 3 de maio de 2019

CONCURSO MUSICAL

XA ESTÁ AQUÍ O TERCEIRO E ÚLTIMO CONCURSO DO CURSO!
Desta vez buscamos unha creación musical ben bonita para utilizar como sintonía da biblio!!
Animádevos a participar, será MOOOOOOI DIVERTIDO!!

BASES DO CONCURSO:


- Inventa unha sintonía linda e sonora.
- Pode ser instrumental (só melodía cun ou varios  instrumentos  ou coa voz) ou ben pode ter letra.
- No caso de ter letra , esta debe tratar sobre libros, contos , lectura, a mascota de biblioteca…
- Inventa, non copies.
- A túa cantiguiña pode durar como máximo  30 segundos.
- Podes participar só ou en grupo.
- Un xurado selecto valorará todas as vosas composicións para determinar quen será  o gañador.
- A vosa creación, podedes envíala en formato mp3  por mail o darlla nun pen drive ao equipo de biblioteca durante o recreo.
- Se necesitades axuda para gravala, podedes pedir axuda a profe de música.
- Tedes ata o 10 de xuño para presentar as vosas creación.

AGARDÁMOSVOS!

venres, 12 de abril de 2019

Concurso de Escritura "Lugares que Namoran"

E xa temos os gañadores do último Concurso de expresión escrita feito por Librincios "Lugares que namoran". Tres futuros escritores que fixeron coas súas historias achegarnos a lugares moi especiales a todos aqueles que as poidemos ler....Noraboa a Matías, Alejandra e Xiana polas vosas narracións e mil grazas a todos aqueles que participáchedes!!!.


sábado, 16 de marzo de 2019

IV CONCURSO O OLLO DE VIDRO

Animádevos a participar neste proxecto impulsado polo Festival de Cans!
Trátase de realizar un vídeo de ata 3 minutos co obxectivo de animar á lectura dalgunha obra que vos gustara especialmente.
Tedes que ter en conta os seguintes requisitos:
  • Cumprimentar o “Documento de aceptación das bases”.
  • Entregar o “Documento de aceptación das bases” completo e asinado cunha copia do DNI no correo electrónico recomendocheunlibro@gmail.com ou de forma presencial ou correo postal na Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo.
  • Os proxectos poden tratar sobre calquera libro, tema, idioma e/ou soporte sempre que sexa unha copia legal.
  • Poden realizarse críticas literarias, booktrailers, booktube ou calquera tipo de proxecto audiovisual dirixido á animación lectora.
  • Ten que estar feito en galego. Valorarase positivamente o feito de que aparezan obras en galego nos proxectos.
  • O tratamento da crítica ten que ser sempre en positivo.
  • Dado o caso, o vídeo ten que protexer a trama do libro, non pode desvelar nada relevante da historia.
  • O tratamento e a linguaxe debe ser respectuoso, non debe ser groseiro e debe ser adecuado a todos os públicos.
  • A gravación non pode durar máis de 3 minutos.
  • Tanto a imaxe como o son deben ter os niveis adecuados para poderen ser reproducidos.
  • Valorarase positivamente a calidade técnica e artística así como a creatividade dos proxectos, o risco narrativo e a intención de facer achegas ao audiovisual.
  • O formato debe ser adecuado para poder transmitirse por esta canle.
  • Os participantes garanten coa aceptación das bases que posúen os dereitos de autor do proxecto audiovisual, incluídos os de imaxe e son.
  • Todos os vídeos aparecerán etiquetados cos seguintes datos: Nome do autor/es Título do libro – Autor do libro – Edición.
Este é o enlace á páxina web: https://recomendocheunlibro.com/concurso-o-ollo-de-vidro/
Nel podedes ler as modalidades de participación, composición do xurado, e acceder a canle de YouTube Recoméndoche un libro para ver os vídeos da pasada edición, na que foi finalista unha alumna do noso centro!

Se queredes participar, contactade coas profes encargadas da biblio durante os recreos. Agardámosvos!

venres, 1 de febreiro de 2019

NOVO CONCURSO: LUGARES QUE NAMORAN!

Co mes de febreiro chega o concurso de expresión escrita! 

Poñede a imaxinación a funcionar e pensade nalgunha aventura que teña lugar nun lugar afastado, fermoso, no espazo exterior ou na propia habitación na que estás escribindo!
Aquí vos deixamos as bases do concurso, se tedes algunha dúbida preguntádelle ás profes que están na biblioteca nos recreos ou a alguén do equipo de biblioteca. 
  • Pode participar todo o alumnado de Educación Primaria e as familias.
  • As historias deben situarse nalgún espazo xeográfico, que ten que mencionarse e describirse no texto.
  • Poden estar escritas en galego ou castelán.
  • As historias deben ser presentadas nas follas deseñadas para o concurso, que estarán na biblioteca.
  • Non poñas nome na historia, cubrirás un formulario no momento de entregala para manter o anonimato.
  • Tes que entregala na biblioteca ata o 28 de febreiro. Alí atoparás un buzón para deixala.

Agardamos con moitas ganas as vosas creacións!!


martes, 27 de novembro de 2018

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO FOTOGRAFÍA


Xa temos gañador !
Ao longo deste mes foron chegando as fotografías presentadas ao concurso e dicirvos que houbo bastantes participantes.

Grazas a todos !


Coma sempre ,fomos á Biblioteca para a entrega do premio e escoitar o nome do gañador, neste caso elexido polos membros do Equipo de Biblioteca e os axudantes de 6º.

Calquera das fotos presentadas era merecedora de premio pero foi a de Teo de 1º a que recibiu máis votos.


 PARABÉNS  TEO !
Aquí vos deixamos un vídeo con todas as fotografías coas que participastes:
 


IV CONCURSO FOTOGRAFÍA OUTONO

Debido ás obras no cole, as fotografías están expostas no corredor da Biblioteca para que todos os nenos e nenas, familias e todo aquel que estea interesado poida gozar delas!


xoves, 26 de abril de 2018

PREMIOS DO CONCURSO DE POESÍA

O primeiro e máis importante, gustaríanos agradecer a todos a vosa participación neste Concurso de Poesía para Todos. 

Foron 15 días moi activos, pois rexistramos nada máis e nada menos que 105 textos, entre pareados e haikus, de 88 participantes! Todo un éxito!

Así de bonito luce agora un corredor na planta baixa. Estades todos invitados a ler os poemas!

A elección foi moi difícil para o xurado; tanto, que tivemos que solicitar axuda de outros Equipos do cole para tomar unha decisión. Había tanta calidade literaria e artística !

Aquí vedes por que non foi doado elixir os gañadores...

Hoxe, reunímonos baixo a mesma árbore que acolleu os días de sol o recital de poesía para entregar os premios. Estabamos todos, grandes e pequenos, deseosos de coñecer o nome dos afortunados gañadores. Qué nervios!

Ganas de coñecer o nome dos gañadores... Canta espectación!

Na categoría de pareados, para alumnos ata 2º de Educación Primaria, as gañadoras foron Amanda Rial e  Antía Barros, ambas de 2º curso. Estos son, por esa orde, os seus textos:



Por outra banda, na categoría de haikus, para alumnos dende 3º de Educación Primaria e resto da Comunidade Educativa, as gañadoras foron Alba Alborés, de 4º, e Marta Costas, de 6. Estos son, por esa orde, os seus textos:



Noraboa ás premiadas! Todas elas recibiron un premio composto por un libro de poesía, unha libreta, un marcapáxinas, un imán de Librincios e unha bolsa.

De esquerda a dereita: Alba, Antía, Amanda e Marta. Noraboa chicas!

Invitámosvos a todos a pasarvos pola planta baixa do cole e ler todos e cada un dos textos, pois son marabillosos.

Noraboa a todos os participantes!

GRACIAS!

venres, 6 de abril de 2018

CONCURSO DE POESÍA PARA TODOS

Aquí vos deixamos as bases do concurso convocado pola biblioteca para este trimestre. Agardamos a participación de todos: alumnos, profesores, familias... 


E, por se tedes algunha dúbida sobre os formatos de participación, aquí tedes un exemplo de cada.


mércores, 20 de decembro de 2017

GAÑADORES DO CONCURSO "MÉTETE NA PEL DE..."

Hoxe entregamos os premios do concurso Métete na pel de... co que se potenciou o traballo da expresión oral e a busca de información relacionada coa Historia.

Non foron moitos os vídeos presentados, pero o xurado (composto polos profesores do Equipo de biblioteca e polos Axudantes) non tivo unha tarefa fácil.

Os premiados en cada categoría foron:

Educación Infantil:
- Xonxa Vidal Vicente, de 6º de Educación Infantil, poñéndose na pel de Valentina Tereshkova.

1º e 2º de Educación Primaria:
- Ian Cea González, meténdose na pel de Julio César.

3º e 4º de Educación Primaria:
- Uxía Gil García, poñéndose na pel de Jane Austen.

5º e 6º de Educación Primaria.
- Nayara Soage Silva, que foi Juana de Arco.

Adultos:
- Beatriz González, meténdose na pel de Cleopatra.

Aquí vos deixamos o vídeo dos gañadores, para que poidades comprobar o ben que o fixeron e aprendades algo máis sobre estes personaxes.




GRACIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

venres, 3 de novembro de 2017

NOVO CONCURSO NA BIBLIOTECA!

Aquí tedes o primeiro concurso deste ano, esta vez de expresión oral. 

Como este curso andamos a voltas coa Historia, queremos propoñervos que vos metades na pel dalgún personaxe histórico para falarnos de algo que lle aconteceu...

Aquí tedes as BASES do concurso, onde explicamos todo con detalle.


E por se alguén aínda ten dúbidas... velaquí un vídeo como exemplo de participación! 
Queremos darlle as gracias a Miguel, o noso conserxe, por prestarse para meterse na pel de Colón con tanto entusiamo. Gracias infinitas!


mércores, 14 de xuño de 2017

CLAUSURA DA BIBLIOTECA

Xa se achegan as vacacións e Librincios e todos nós imos pouquiño a pouco pechando o curso.

Hoxe tocou clausurar a biblioteca, así que a partir de agora xa non haberá empréstitos e toca devolver todos os libros...

Para poñer o broche final a un curso cheo de emocións e lecturas, quixemos, en primeiro lugar, agradecer aos axudantes de biblioteca de 5º e 6º a súa colaboración durante o curso en varias das actividades e tarefas. Eles fixeron os empréstitos e devolucións de fondos no meiga durante os recreos, colocaron os libros e películas no seu lugar, renovaron  os fondos de infantil, promocionaron libros...

Aquí están todos eles, co diploma de agradecemento. Sodes marabillosos, gracias!



Logo do gran aplauso que recibiron de parte de todos os seus compañeiros, pasamos á entrega de premios aos máis lectores de cada curso de Educación Primaria (de fondos da biblioteca, claro está!).

Curiosamente todo foron nenas! Levaron unha lectura para o verán, unha libretiña para usar de diario, uns marapáxinas, unha chapa e un imán de Librincios.

De esquerda a dereita: Eva Salgueiro (6º), Alba Rodríguez (5º), Iria Pereira (4º), Lucía Martínez (3º), Leire de Miranda (2º) e Atenea Troncoso (1º).

Para rematar, entregamos o premio do concurso de fotografía, o último deste curso. Houbo fotos para todos os gustos e foi difícil a elección. Valorádeo vós mesmos!



A gañadora foi Xiana Vilarino, de 4º curso, que recibiu un portafotos para enmarcar a súa instantánea, unha libretiña para escribir e uns marcapáxinas para non perder o fío da súa lectura.


Moitas gracias a todos polo esforzo deste curso, que foi moi intenso e emocionante. 

Xa só nos quedan por ver as exposicións de 4º e 5º sobre o tema anual (que serán a próxima semana) e deixalo todo listo para que veñades buscar os vosos empréstitos de verán.

SEGUIDE LENDO!

venres, 24 de febreiro de 2017

PREMIADOS DO CONCURSO ORAL PALABRAS CON SENTIMENTO

LEVAMOS CASE TODO O MES DE FEBREIRO CO CONCURSO ORAL "PALABRAS CON SENTIMENTO". FORON BASTANTES OS PARTICIPANTES QUE, EN DIVERSAS CATEGORÍAS, DELEITÁRONNOS CON PALABRAS CHEAS DE MOITO SENTIMENTO... UNS DE XEITO INDIVIDUAL E OUTROS EN GRUPO ANIMÁRONSE A RECITAR DIANTE DA CÁMARA VERSOS, CANTIGAS OU MENSAXES CON DIFERENTES TIPOS DE SENTIMENTOS. VELAQUÍ OS PREMIADOS POR CATEGORÍAS QUE RECIBIRON ONTE UN AGASALLO POR FACELO TAN BEN.

 GRACIÑAS A TODOS POR PARTICIPAR E MOITOS PARABÉNS AOS GAÑADORES!



Ganadores na categoría de Infantil


Gañadores na categoría Primeiro Ciclo

 

Gañadores na categoría do 2º Ciclo

 

Gañadores na categoría Terceiro Ciclo

 

Gañadores na categoría de Adultos


Todos os ganadores. Noraboa!

mércores, 1 de febreiro de 2017

PALABRAS CON SENTIMENTO

xa comezamos o segundo concurso do ano. Leede  ben as bases e animádevos a participar que seguro que tedes moitas palabras fermosas para regalar...



xoves, 22 de decembro de 2016

PRIMEIRAS EXPOSICIÓNS EMOCIONANTES!

Este trimestre tocoulles a 6º, 3º e 2º de Educación Primaria expoñer o seu traballo sobre as emociones.

Comezaron os maiores, o de 6º, pois os nervios son menos traicioneiros con eles. Faláronnos de emociones e a súa expresión física e de estados que nos fan experimentar esas sensacións... pero foron moi orixinais na presentación! 
A exposición foi un programa de televisión chamado Un, dous, tres... emociónate outra vez! que, aos máis maiores, lembrounos a época de Ruperta e as tacañonas... Mirade que xeito!



En segundo lugar, os alumnos de 3º presentáronnos un Sistema Solar moi emocionante. A delicadeza na presentación, o agarimo da realización plástica, a dozura da música... foi todo un traballo



Finalmente, os alumnos de 2º mergulláronnos na historia dunha nena e dun neno que aprenderon a xestionar as súas emocións negativas grazas ao apoio e ao cariño de quenes lles rodean...



Gustounos moito compartir experiencias emocionantes e aproveitamos a ocasión para premiar aos gañadores do Concurso musical Ao son das cabazas.
Noraboa aos premiados, que quedaron encantados cos seus agasallos!

De esquerda a dereita, os gañadores foron: Carlota Liz, Mar Herranz, Nayara Soage e Anxo Montoto.

xoves, 27 de outubro de 2016

GAÑADORES DO CONCURSO DE MICRO RELATOS

Pois si, xa temos gañadores! Que caras de emoción ao escoitar os seus nomes!

Foron moitos os que participaron, e queremos agradecerlles a todos o tempo e o esforzo invertidos. Poderedes ler todos e cada un dos relatos no libro que poremos a vindeira semana no andel de novidades.
Coma sempre, fomos todos á Biblioteca do cole para a entrega de premios. Estabamos nerviosos e intrigados... ata que escoitamos os nomes dos gañadores!



Na categoría de 1º e 2º gañou Iago Costas Couto co relato El demonio asesino.

Na categoría de 3º e 4º gañou Nayara Soage Silva co relato La noche sangrienta.



Na categoría de 5º e 6º gañou Yeneba Romero Salgueiro co relato O Pazo do Conde de Gondomar.



Aquí tedes as caras de felicidade dos gañadores, que foron ovacionados por todos os demais alumnos do cole.


NORABOA AOS PREMIADOS 
E GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!

mércores, 12 de outubro de 2016

CONCURSO DE MICRO RELATOS DE TERROR

Este é o primeiro concurso deste ano. 
Deixamos aquí as bases para que vos animedes a participar... Va de medo!



Os peques terán que debuxar e os maiores escribir, pero antes deben escoitar moi atentamente (e con cascos!) a audición que propoñemos como base para comezar a crear... Recomendámosvos escoitala acompañados... por iso de non pasar moito medo!

martes, 7 de xuño de 2016

CLAUSURA DE ACTIVIDADES E ENTREGA DE PREMIOS

Hoxe pechou a Biblioteca. Xa sabemos que vos da moita pena, a nós tamén, pero é hora de facer avaliación, recoller os fondos, espurgar...

Aproveitamos a ocasión para ver os vídeos do Concurso musical e facer a entrega de premios. As gañadoras foron Eva de 5º e Alba de 5º anos, madriña e afillada lectoras, cunha canción moi tenra. Mirade o vídeo e xulgade vós mesmos!


Gañadoras do concurso :)

Pero demos outros premios: aos máis lectores de cada ciclo, e aos gañadores do concurso Atopa a resposta!


Tamén tivemos un detalle cos axudantes deste curso, pois sen eles non poderíamos levar a Biblioteca tan ben!
Entregámoslles un diploma e un detalle para que lembren o seu paso pola vida da nosa biblio.



GRACIAS A TODOS! VÉMONOS O ANO QUE VEN!

venres, 29 de abril de 2016

GAÑADOR DO CONCURSO PORTADAS DE FOTO

Ao longo deste mes de abril estivemos recibindo as vosas fotos para participar no concurso proposto dende a Biblioteca.

O número total de participantes foi de 43. Non está nada mal! E a calidade... que difícil o tivo o xurado! 
Para nós era tan complicado que tivemos que acudir a xente máis entendida e máis obxectiva.

Houbo unha larga deliberación e, ao final, a foto que elixiron como gañadora foi esta, de José Liz, titulada El nombre de la rosa (facendo referencia ao libro homónimo de Umberco Eco).


O resto de participantes tamén merecería un premio, pero xa sabedes que o orzamento non alcanza para todo o que nos gustaria... Aquí vos deixamos todas as fotografías presentadas para que vexades vós mesmos que non mentimos cando falamos da calidade das mesmas.


Noraboa a todos, e gracias!

luns, 11 de abril de 2016

PORTADAS DE FOTO

Aquí tedes as bases do derradeiro concurso deste ano.

Esta vez imos traballar a expresión artística a través da fotografía e, como non podía ser doutro xeito, do marabilloso mundo dos libros (por algo Abril é o mes dos libros, non si?).

Animádevos a participar todos pois é unha oportunidade para rir en familia e sacar o artista que levamos dentro!