Amosando publicacións coa etiqueta Un paseo pola Historia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Un paseo pola Historia. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de xuño de 2018

CLAUSURA DUN CURSO HISTÓRICO NA BIBLIOTECA

Hoxe acudimos á Biblioteca para pechala... Ata o curso que ven, non vos asustedes!
Tocou facer balance e recoñecer a labor que fan os nosos Axudantes de biblioteca e o esforzo de moitos usuarios pola súa participación nas actividades e polo uso dos recursos que ofrece.




Para comezar a clausura, un diploma e un forte aplauso por parte de todos para agradecer aos alumnos voluntarios a súa colaboración coa Biblioteca. Gracias de novo!


Foron eles, os Axudantes, os encargados de facer entrega dos premios do concurso Atopa a resposta!. Todos aqueles que superaron un mínimo de 4 retos dos propostos durante os recreos, recibiron un pequeno agrasallo polo seu logro! Agardamos que o vindeiro curso sexan moitos máis. Noraboa!


Para rematar, a nosa coordinadora entregou o premio ás máis lectoras deste curso. Menudo nivel ao que chegaron! Noraboa a todas! Sobre todo, por elixir a lectura para o tempo de lecer.



Así, logo de agradecer a todos os asistentes a súa presenza, pois eles fan posible esta Biblioteca, demos por pechado o curso, do que nos despediremos definitivamente o mércores 20 dando por última vez Un paseo pola Historia.

xoves, 15 de febreiro de 2018

A HISTORIA ENCHE AS RÚAS DE VINCIOS NO ENTROIDO

Este ano saímos lucir os nosos disfraces pola parroquia.
Aproveitamos o bo día para subir ata o atrio da capela de Santa Lucía ao ritmo da música, desfilando segundo a liña do tempo histórico.

Encabezando o desfile ían os dinosaurios da Era Terciaria, seguidos dos homes das cavernas, habitantes da Prehistoria



Logo, xa na Idade Antiga, íamos nós, os nobres do Antigo Exipto.


Tras de nós, os distintos estratos sociais da Idade Media: nobres, cabaleiros, campesinos, bruxas, bufóns... 


Xa na Idade Moderna, a conquista do oeste americano, representada polos Indios americanos.
 

E os nosos días, a Idade Contemporánea, estivo representada pola era Espacial... á conquista do espazo!


Aquí  vos deixamos un vídeo coas fotos deste Entroido tan histórico no que o pasamos estupendamente!

luns, 22 de xaneiro de 2018

PAXARIÑAS POLA PAZ

Este ano, para conmemorar o Día escolar da Non Violencia e da Paz, queremos propoñer a toda a Comunidade Educativa unha actividade moi emotiva relacionada cunha historia real que aconteceu durante a II Guerra Mundial.

Como xa sabedes, este curso estamos a traballar o tema Un paseo pola Historia. Ao descubrir este bonito aínda que triste acontecemento histórico, non dubidamos que era unha boa forma de DESEXAR UN MUNDO EN PAZ.

Sadako Sasaki era unha nena que vivía en Hiroshima (Japón) cando a cidade foi bombardeada. Aínda que a bomba atómica non acabou coa súa vida, si foi a causante da súa enfermidade mortal...

Aquí tedes a historia contada por Elsa Bornemann, para que poidades compartirla na casa.



Tamén vos deixamos uns vídeos coa historia desta nena que uníu, e segue a unir, millóns de corazóns que desexan a Paz dende o máis profundo deles.







A nosa proposta é reunir mil paxariñas de papel (pois as grúas parécennos un pouquiño difíciles para os nosos pequenos) para desexar a Paz todos xuntos, dende os nosos corazóns.

Queremos pedirvos axuda para conseguir chegar ao millar de paxariñas... Xuntos seguro que podemos! Aquí deixamos un sinxelo titorial que nos fará máis doado conseguilo :) Gracias Julio por colaborar con nós nesta iniciativa e sempre!



Moitísimas grazas pola vosa colaboración!

mércores, 20 de decembro de 2017

PRIMEIRAS EXPOSICIÓNS SOBRE A HISTORIA

O alumnado de 4º e 5º foi o encargado de realizar as primeiras exposicións sobre a temática deste curso no noso Centro: Un paseo pola Historia.

Comezaron os nenos e nenas de 4º, cun marabillosos percorrido polas construcións da nosa contorna titulado Muíños, pilóns... e outras construcións.

Un momento da exposición na que dous alumnos explican as partes dun muíño.

Presentaron clara e brevemente, co apoio dunhas presentacións realizadas por eles mesmos, toda a información recopilada sobre muíños, pilóns, cruceiros, lavadoiros, sequeiros, petos de ánimas, alvarizas, pombais e cabanas.

Aquí vos deixamos as presentacións, para que poidades ver o gran traballo que realizaron.











Ao rematar eles, os alumnos de 5º déronnos Un paseo rápido pola Historia. En cousa de 10 minutos, da man das tres narradoras que vedes aquí abaixo, viaxamos dende a Prehistoria ata a Idade Moderna. 



Comezamos cos homes que habitaron a Terra durante o Paleolítico e o Neolítico, que nos deixaron claras as diferenzas entre ambos períodos.



Logo, viaxamos á Idade Antiga. Tres damas (unha exipcia, unha grega e unha romana) faláronnos das proezas dos seus imperios, pero tamén dos abusos que cometeron cos escravos que levaron a cabo as grandes construcións.


De aí, pasamos a Idade Antiga. Isabel e Fernando, os Reis Católicos, contáronnos como decidiron apoiar a Critóbal Colón na aventura de chegar ao novo mundo polo Oeste.


Xa na Idade Moderna, o rei Luis XIV e unha das súas vasalas contáronnos as inxustizas dunha sociedade de clases, e explicáronnos como a guillotina acabou con moitos dos dirixentes daquela época... Cortándolles a cabeza!


Na Idade Contemporánea, tres obreiros explicáronnos o loita da clase obreira durante a Revolución Industrial; unha loita moi importante pois grazas a ela os traballadores melloraron os seus dereitos laborais.


Noraboa a todos polo gran traballo realiado e grazas por compartilo con todos nós... Aprendemos moitísmas cousiñas que descoñecíamos ata agora!

Xa estamos desexando que cheguen as seguintes exposicións!

GAÑADORES DO CONCURSO "MÉTETE NA PEL DE..."

Hoxe entregamos os premios do concurso Métete na pel de... co que se potenciou o traballo da expresión oral e a busca de información relacionada coa Historia.

Non foron moitos os vídeos presentados, pero o xurado (composto polos profesores do Equipo de biblioteca e polos Axudantes) non tivo unha tarefa fácil.

Os premiados en cada categoría foron:

Educación Infantil:
- Xonxa Vidal Vicente, de 6º de Educación Infantil, poñéndose na pel de Valentina Tereshkova.

1º e 2º de Educación Primaria:
- Ian Cea González, meténdose na pel de Julio César.

3º e 4º de Educación Primaria:
- Uxía Gil García, poñéndose na pel de Jane Austen.

5º e 6º de Educación Primaria.
- Nayara Soage Silva, que foi Juana de Arco.

Adultos:
- Beatriz González, meténdose na pel de Cleopatra.

Aquí vos deixamos o vídeo dos gañadores, para que poidades comprobar o ben que o fixeron e aprendades algo máis sobre estes personaxes.




GRACIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!