Amosando publicacións coa etiqueta xoguetes sonoros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xoguetes sonoros. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de maio de 2024

OBRADOIRO DE XOGUETES SONOROS!

Achégase o final de curso e o pasado 21 de maio puidemos disfrutar todo o cole dun obradoiro que xurdiu desde a Biblioteca Creativa. Foi levado a cabo por Miudiño, e estivemos argallando con diferentes recursos naturais como canas, noces, paus, carozos... e outros materiais de refugallo para darlle unha segunda vida e conseguir transformalos en verdadeiros instrumentos musicais como o mirlitón, reque reque, bate bate, sistro...

Foi unha xornada moi entretida na que descubrimos os verdadeiros e verdadeiras artistas que temos no noso cole!