Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura. Amosar todas as publicacións

mércores, 1 de xuño de 2022

OUTRO CONTO POLA IGUALDADE

       O conto escollido por un dos padriños lectores de 2º,  o profe Miguel para agasallarnos cunha  sesión de contacontos  foi  “Un bicho raro” de Clara Redondo onde o protagonista Willy, un neno moi futboleiro, experimenta a discriminación en función do xénero e isto axúdalle a recapacitar sobre o seu comportamento no pasado e a ser máis consciente do importante que é promocionar a  coeducación .

     Grazas padriño por este conto que nos fixo reflexionar unha vez máis  nesas discriminacións  das que non nos damos conta ata que lle damos a volta.




venres, 8 de abril de 2022

Exposición trimestral : 2º Primaria

    Os nenos /as de 2º estiveron traballando  a " IGUALDADE " a través dos contos. Un deles foi " DANIELA  PIRATA " do que fixeron un audio coa súa versión en galego a modo de teatro lido. 

    Esperamos que o gocedes tanto como eles na súa preparación.


venres, 7 de maio de 2021

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Os padriños e madriñas de 6º , agasallaron aos seus afillados/as de 1º con este conto "A princesa que bocexaba a todas horas "  que contaron  fenomenal e deixaron aos seus afillados encantados . Ménudo agasallo !





venres, 26 de marzo de 2021

EXPOSICIÓNS 2º TRIMESTRE

Rematamos o trimestre con dúas exposicións ao redor do noso proxecto anual   "MusicArte"

Neste caso os nenos e nenas de 1º , prepararon unha  marchosa versión do conto "Las jirafas no pueden bailar" poñendo en escea diferentes estilos musicais ,expresándose a través da música e lembrándonos a importancia de non renunciar aos nosos soños , aínda que atopemos obstáculos. 


E ... os nenos/as  de 2º fixeron un traballo sobre a Suite de Saint-Saëns “O Entroido dos Animais”, percorrendo o mundo sonoro dos distintos animais.




martes, 14 de abril de 2020

LECTURAS QUE SACAN AS PENAS

Ola a todos dende Marrocos!

Agardo que estedes todos ben e... na casa!

Vín que as profes deixan cada día unha lectura para a Hora de ler e quixen sumarme a esta iniciativa tan boa e contarvos un conto, que xa sabedes vós que a mín, me encanta :)

Seguro que ademais, nestes tempos tan raros que estamos a vivir, sacádeslle proveito (por iso de non dar puntada sen fío!).

Que aínda non sabedes que son? Pois a ver se co vídeo...



Logo da lectura, se queredes, podedes facer os vosos propios SACAPENAS... É moi sinxelo!

As imaxes son da profe Nuria (que tamén estivo no cole un tempo) e que quixo participar da actividade.

Material que se precisa.

Cortamos un anaquiño do rolo de cartón.

Pegamos o que serán as extremidades.

Preparamos o pelo e comezamos a vestilo.

Podemos poñer as cores que queiramos...

Xa os temos listos para contarlles as nosas penas :)

Un bico enorme para todos. Quero que saibades que boto moito de menos o cole, e a vós; pero estou segura de que volveremos vernos!

xoves, 12 de marzo de 2020

OS PIRATAS DE 2º



Como o prometido era débeda ... hoxe os alumnos/as de 2º  contáronlle aos seus compañeiros de 1º un conto para ler as escuras.

O conto foi " OS PIRATAS" de Ignasi Valios .





Menudo público !
















                           QUE BEN SE PASA FACENDO DE PIRATA !

mércores, 12 de febreiro de 2020

CORRE, CORRE, CABACIÑA

É unha vez màis tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial na nosa biblioteca. Esta vez da man da familia de Vera da aula de 3 años que, aproveitando a celebración do seu  4ºaniversario, fixéronnos disfrutar a todos os nenos e nenas de infantil e de 1º de primaria do conto de “Corre, corre,   cabaciña” con acompañamento musical e unha posta en escena que deixounos a todos abraiados. Moitas grazas familia encantounos a visa visita e moitos parabens Vera!






venres, 7 de febreiro de 2020

CONTACONTOS DE FADAS

Hoxe na sesión de lectura a profe  Ana de 1º ofreceuse a contar o conto " ¿Donde viven las hadas ? aos nenos e nenas de 2º.
O obxectivo do libro foi atopar entre todas as páxinas o lugar onde viven as fadas. A peculiaridade que ten este conto é que non se pode saber onde viven se non estamos ás escuras. Así que aos nenos pareceulles unha actividade moi divertida e é unha  boa opción para ler antes de deitarse.

Xa estan buscando máis contos para ler as escuras ...



xoves, 30 de xaneiro de 2020

CONTACONTOS CON SONIDO A BOMBARDINO

Este luns tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial. Xa que no cole estamos co proxecto "Do, Re, Mi...bailamos porque sí", Dani o tío de Enzo de 3 anos quixo celebrar o seu aniversario facendo un contacontos para infantil no que, ao ritmo do seu bombardino, recreou a historia de "As clases de tuba".
 Nel puidimos gozar de notas graves e agudas e de  diferentes ritmos segundo ía pasando a historia...Despois puidemos gozar cun mini concerto con cancións moi coñecidas sobre o circo que debíamos adiviñar e poñer letra.
Grazas Dani pola túa visita e por facernos pasar un rato tan divertido e moitísimas felicidades para Enzo!!










xoves, 24 de outubro de 2019

UNHA DE CONTACONTOS !


O alumnado de 1º ,2º e 3º acudiron hoxe a Biblioteca para asistir a primeira sesión de CONTACONTOS deste curso, protagonizada pola profe Elena.

O libro elexido foi " Mataré monstruos por tí" de Santi Balmes, un precioso libro ilustrado que aborda con moita sensibilidade a temática dos medos nocturnos dos nenos.

É sempre un pracer ver a Elena interpretar , cantar e nós podelo disfrutar !


luns, 21 de outubro de 2019

APADRIÑAMENTOS AULA 3 ANOS

E XA TEMOS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS, QUÉ EMOCIÓN!!!. A SEMANA PASADA OS NENOS E NENAS DE 3º DE PRIMARIA FIXERON O SEU PRIMEIRO APADRIÑAMENTO LECTOR COS MÁIS PEQUERRECHOS DO COLE. COMA TODOS OS ANOS, ENCÁNTANOS VER A ILUSIÓN COA QUE CHEGAN E O CARIÑO QUE POÑEN EN TODO O QUE FAN COS SEUS AFILLAD@S. ESTA VEZ TOCOU UN RATIÑO DE XOGOS NA AULA E TAMÉN A SÚA AXUDA NA TAREFA DA VENDIMA. MIL GRAZAS PADRIÑOS E MADRIÑAS... SODES FANTÁSTIC@S!!


luns, 27 de maio de 2019

Fábula" A lebre e a tartaruga"

Os alumnos de 4º representaron esta fábula no festival das letras galegas.
Noraboa polo voso traballo!


luns, 20 de maio de 2019

CONCURSO "OLLO DE VIDRO"

O pasado mes de abril varios nenos e nenas do colexio participaron no concurso "Ollo de vidro", que organiza o Festival de Cans, a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo, a Escola Oficial de Idiomas, o IES Castelao (Vigo) e o IES Pino Manso (Porriño). Pois...un dos nosos compis é finalista!!
PARABÉNS XABIER ARIAS!!
O mércores 22 de maio, ás 18.30h, proxectarán os videos finalistas, darán a coñecer os gañadores e farán a entrega de premios.
Disfruta moito do momento e moita sorte, Xabi!!
 

20 DE MAIO: DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS

Hai algunhas semanas chegou á biblioteca do colexio Mi vida de abeja, de Kirsten Hall e Isabelle Arsenault (Libros del zorro rojo). Con este libro achegámonos ao mundo das abellas e ás súas funcións.
Despois de ler o libro, os nenos e nenas de 5 anos realizamos diferentes actividades para saber situar algunhas partes da abella, construír as palabras, sumamos e restamos abellas e bolboretas, recortamos o voo da abella e xogamos co escornabot e as diferentes partes do corpo deste interesante insecto.
Aquí vos deixamos un vídeo coas imaxes!

ABELLAS

mércores, 15 de maio de 2019

Día da Familia

O 15 de maio celebráse o Día da Familia. Aínda que non é tan popular como outros días que tamén se celebran ao largo do ano, no cole dámoslle unha importancia especial xa que todos temos unha familia na que arrouparnos e coa que compartir momentos especiais. Este ano celebramos este día cuns obradoiros nos que fixemos os agasallos que posteriormente levaríamos ás casas...Da man dos contos "Un puñado de botones" e " Cartas en el bosque" demos comezo aos obradoiros e este foi o resultado.
                                     Feliz Día da Familia para todos!!!



luns, 29 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

Este ano tivemos que agardar ao anticiclón para realizar a actividade que tiñamos programada polo Día do Libro: encher de historias as árbores do cole!
Cada un ao seu gusto, escribimos e decoramos os textos e os preparamos para colgalos das árbores e poder levar a lectura ao patio, xa que agora comeza o bo tempo e descansar á sombra mentres lemos unhas palabras fermosas é marabilloso!
Animádevos a pasear polo patio para descubrir novas lecturas! 


DÍA DO LIBRO 2019

xoves, 25 de abril de 2019

CONTACONTOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

Unha das actividades deste ano para conmemorar o Día do Libro foi a visita de Carla, bibliotecaria e libreira do Val Miñor. Pasámolo xenial con ela e coas historias ás que nos achegou, dun xeito moi divertido e cheo de amor cara os libros. 
Para os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria contou Daniela Pirata (NubeOcho), unha historia na que unha nena quere ser pirata e ten que superar varias probas baixo a atenta mirada da tripulación do barco. Pescamos, saltamos, e estivemos moi, moi atentos para axudar a Daniela. Pensades que se convertiu en pirata?
Tamén houbo contos para os curso de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, que disfrutaron de Ayobami (Cuento de Luz), La gran fábrica de palabras (Tramuntana) y El lazo invisible (Astronave). 
Aquí deixamos un vídeo coas imaxes desta estupenda sesión de contos.
Moitísimas grazas por visitar Librincios, Carla! 

venres, 12 de abril de 2019

Concurso de Escritura "Lugares que Namoran"

E xa temos os gañadores do último Concurso de expresión escrita feito por Librincios "Lugares que namoran". Tres futuros escritores que fixeron coas súas historias achegarnos a lugares moi especiales a todos aqueles que as poidemos ler....Noraboa a Matías, Alejandra e Xiana polas vosas narracións e mil grazas a todos aqueles que participáchedes!!!.


Obradoiros de Pascua


E esta semana os nenos e nenas de infantil estivemos preparándonos para a Pascua cuns obradoiros moi doces e traballamos o conto de "O coelliño branco"que tanto nos gusta para dar inicio aos mesmos....




luns, 1 de abril de 2019

SALÓN DO LIBRO

Estes días estase a celebrar en Pontevedra a vixésima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Na biblioteca do centro temos a disposición do alumnado e familias a programación desta XX edición por se é do voso interese. Tamén vos deixamos o enlace da mesma: http://www.salondolibro.gal/edicion2019/wp-content/uploads/2019/03/Programa_salon_2019.pdf
Animádevos a visitar o Salón!