Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoracións. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de maio de 2019

Día da Familia

O 15 de maio celebráse o Día da Familia. Aínda que non é tan popular como outros días que tamén se celebran ao largo do ano, no cole dámoslle unha importancia especial xa que todos temos unha familia na que arrouparnos e coa que compartir momentos especiais. Este ano celebramos este día cuns obradoiros nos que fixemos os agasallos que posteriormente levaríamos ás casas...Da man dos contos "Un puñado de botones" e " Cartas en el bosque" demos comezo aos obradoiros e este foi o resultado.
                                     Feliz Día da Familia para todos!!!



domingo, 24 de marzo de 2019

Día Internacional da Poesía

O pasado 21 de marzo conmemorouse o Día Internacional da Poesía e, como xa é tradición no cole, demos comezo ao tan esperado Recital de Poemas. Co lema "A primavera chega e aos versos nos achega" e cun luminoso e colorido fondo nas nosas fiestras dedicamos un recuncho do cole para poder gozar da lectura e escoita de poemas da man dos nosos compis e mestras no que, día a día, aquel ou aquela que o desexe poida deleitarnos cun poema ou simplemente con algún verso que lle apeteza compartir cos demáis. Unha bonita idea para achegar a poesía aos nosos pequenos dun xeito moi especial.
Ademáis tamén presentamos as nosas "Maletas da Poesía" aos nosos alumnos da man de Frederick, un curioso ratón poeta que se dedica a alegrarlle os oídos os seus amigos con divertidos versos.

domingo, 13 de maio de 2018

COÑECEMOS A MARIA VICTORIA MORENO CO ESCORNABOT

Estos son os nosos taboleiros para traballar a María Victoria Moreno no recuncho do MakerSpace. Foron elaborados coa colaboración do Equipo de Normalización Lingüística do centro




venres, 6 de abril de 2018

CONCURSO DE POESÍA PARA TODOS

Aquí vos deixamos as bases do concurso convocado pola biblioteca para este trimestre. Agardamos a participación de todos: alumnos, profesores, familias... 


E, por se tedes algunha dúbida sobre os formatos de participación, aquí tedes un exemplo de cada.


venres, 23 de febreiro de 2018

TEMOS OS NOVOS RECUNCHOS A TOPE!

Este curso puxemos en marcha de novo o recuncho Escornabotízate, no que o alumnado pode facer uso dos escornabots cunha proposta variada e divertida de taboleiros.

Estes taboleiros están relacionados con distintas conmemoracións que se fan no Centro: Día das bibliotecas, Samaín, Nadal, Entroido... 

A partir desta semana temos nas mesas os tabolerios para traballar a Rosalía de Castro e... están gustando moito!

Taboleiro para os máis pequenos
  
Taboleiro para os maiores

Taboleiro para os maiores. Material que precisamos un dado impreso de SI/ NON impreso ca Impresora 3d.

Este curso, ademais, montamos un novo recuncho, o Makerspace, para que os usuarios poñan en marcha a súa capacidade de pensar e resolver retos de distinto tipo.

Xa levamos catro: levantar libros con espaguetis, escribir as instrucións de programación dun escornabot, comprobar a condutibilidade dos materiais e contar pezas dunha construción sen desmontala.

Este mes, o reto consiste en tocar unha nana (para os maiores) e contar persoas que hai dentro da biblioteca (para os pequenos) coa axuda dunha placa makey-makey.

Mirade que ben o fan!

Montando o circuito para tocar a nana coas mazás como notas nun piano.

Probando, probando...

mércores, 31 de xaneiro de 2018

RECOMENDACIÓNS POLA PAZ, CAPÍTULO V

Imos continuar recomendadndo lecturas relacionadas co Día escolar da Non Violencia e da Paz toda a semana, por se alguén segue metido no tema coma nós...

Hoxé temos dúas novas historias para compartir con todos vós. Gozade da súa lectura!

Iago recomenda Recetas de lluvia y azúcar, de Mónica Gutierréz Serna.



Mar presenta Cómo curé a papá de su miedo a los extraños, de Rafik Schami.

martes, 30 de xaneiro de 2018

UN DESEXO COMPARTIDO POR TODOS

Hoxe conmemoramos o Día escolar da Non Violencia e da Paz cunha actividade que estivemos a preparar ao longo desta e da pasada semana.

Entre todos, como xa vos explicamos, fixemos mil paxariñas de papel coa finalidade de lanzar ao aire un desexo compartido por todos: PAZ.

Logo de coñecer a historia de Sadako Sasaki, puxémonos todos mana á obra e en poucos días tiñamos todas as pazariñas que precisabamos... e máis!

Hoxe, todos xuntos, bailamos ao compás dunha melodía xaponesa e unimos os nosos corazóns para pedir o desexo dendo o máis profundo deles.

Aquí vos deixamos algunha foto desta emotiva e colorida actividade... a nós encantounos!


luns, 29 de xaneiro de 2018

RECOMENDACIÓNS POLA PAZ, CAPÍTULO IV

Continuamos recomendando historias conmovedoras relacionadas cos valores que hai que cultivar para acadar un mundo en PAZ. Animádevos a pasarvos pola biblioteca e levarvos estes títulos!

Hoxe, as recomenadcións veñen da man de:

Alejandra, que nos presenta A histroia de Erica, de Ruth Vander Zee.



Alba, que nos achega É rara Makeke?, de Magda Soldado.


venres, 26 de xaneiro de 2018

RECOMENDACIÓNS POLA PAZ, CAPÍTULO III

Hoxe temos unha soa recomendación, pois o resto están cocéndose a lume lento nos fogares esta fin de semana... O luns viremos con lecturas frescas!

A voz que escoitades no vídeo é a de Paula, que nos presenta Trenfugiados, de José Campanari. 

Gozade da súa lectura!

COMPARTINDO LECTURAS COS AFILLADOS POLO DÍA DA PAZ

Estes días, como ben sabedes, estamos moi metidos na conmemoración do Día escolar da Non Violencia e da Paz.

Unha das actividades propostas dende a biblioteca é realizar unha sesión de apadriñamentos lectores con títulos que fomenten valores positivos para acadar un mundo en paz: tolerancia, respecto, empatía, compañerismo...

Padriños e afillados de 3º e 3 anos compartiron onte un ratiño tenro e agradable entre contos e agarimos. Aquí vos deixamos algunhas fotos para que gocedes con nós da actividade.


xoves, 25 de xaneiro de 2018

RECOMENDACIÓNS POLA PAZ, CAPÍTULO II

Seguimos coas nosas recomendacións lectoras de títulos que teñen que ver con valores moi importantes para lograr un mundo en Paz.

Os personaxes creados polos alumnos de 3º para falarnos dos libros, como podedes ver, son bonequiños de dedo moi orixinais. Cada un fixo o seu como máis lle gustou!

Hoxe tócalles recomerdar a...

Carolina, que nos presenta El cazo de Lorenzo, de Isabelle Carrier.




Carlota, que nos fala de E que podo facer eu?, de José Campanari.



Hugo, que nos conta a historia de Wangari y los árboles de la Paz, de Jeanette Winter. 


mércores, 24 de xaneiro de 2018

RECOMENDACIÓNS POLA PAZ, CAPÍTULO I

Estes días estamos a preparar unhas lecturas para os nosos afillados con motivo de Día escolar da Non Violencia e da Paz.

A profe trouxo a clase unha morea de contos para que cada un elixira un e o preparara, coma sempre, con moito agarimo.


Logo de adicarlles un tempiño na aula e un tempiño na casa, decidimos recomendalos para que todo aquel que busque contos para traballar este día, teña unha idea de cales pode atopar na nosa biblioteca. Son textos que falan do respecto, da empatía, da axuda, do altruísmo, do amor...

Aquí vos deixamos as tres primeiras recomendacións. Agardamos vos gusten tanto coma a nós!


Ivo recomenda Cosita Linda, de Anthony Browne.




Andrea recomenda Por cuatro esquinitas de nada, de Jérôme Ruillier.



Irene recomenda Brancos e Negros, de David McKee.

luns, 22 de xaneiro de 2018

PAXARIÑAS POLA PAZ

Este ano, para conmemorar o Día escolar da Non Violencia e da Paz, queremos propoñer a toda a Comunidade Educativa unha actividade moi emotiva relacionada cunha historia real que aconteceu durante a II Guerra Mundial.

Como xa sabedes, este curso estamos a traballar o tema Un paseo pola Historia. Ao descubrir este bonito aínda que triste acontecemento histórico, non dubidamos que era unha boa forma de DESEXAR UN MUNDO EN PAZ.

Sadako Sasaki era unha nena que vivía en Hiroshima (Japón) cando a cidade foi bombardeada. Aínda que a bomba atómica non acabou coa súa vida, si foi a causante da súa enfermidade mortal...

Aquí tedes a historia contada por Elsa Bornemann, para que poidades compartirla na casa.



Tamén vos deixamos uns vídeos coa historia desta nena que uníu, e segue a unir, millóns de corazóns que desexan a Paz dende o máis profundo deles.







A nosa proposta é reunir mil paxariñas de papel (pois as grúas parécennos un pouquiño difíciles para os nosos pequenos) para desexar a Paz todos xuntos, dende os nosos corazóns.

Queremos pedirvos axuda para conseguir chegar ao millar de paxariñas... Xuntos seguro que podemos! Aquí deixamos un sinxelo titorial que nos fará máis doado conseguilo :) Gracias Julio por colaborar con nós nesta iniciativa e sempre!



Moitísimas grazas pola vosa colaboración!

xoves, 21 de decembro de 2017

CARTAS AOS REIS MAGOS

Esta é unha das actividades que máis nos gustan a todos, alumnos, profes e familias.


Estes días, como actividade dentro dos apadriñamentos lectores, os maiores baixan ás aulas dos máis pequenos para axudarlles a escribir as súas cartas aos Reis Magos



É un gusto escoitarlles preguntar e contar como se portaron este ano (todos moi ben, por suposto); verlles elixir, recortar, pegar e escribir xuntinos, cabeza con cabeza e corazón con corazón.



Vívense momentos moi especiais e créanse lazos que perdurarán co paso do tempo. Grandes e pequenos aprender non só a coñecerse, senón a convivir, a apreciarse e a quererse.



Aquí vos deixamos un vídeo con fotos para que vós tamén podades gozar desta marabillosa actividade!



venres, 15 de decembro de 2017


Queremos anivarvos a todos a que este Nadal esté cheo de aventuras e novos personaxes, de manualidades divertidas, de adiviñas, de panxoliñas, de películas en familia...

Por iso puxemos á vosa disposición fondos relacionados con esta época do ano que tanto nos gusta. Na planta baixa podedes atopar libros, películas, CDs... para gozar dun Nadal marabilloso en familia!

Ademais, aquí vos deixamos algunhas recomendacións para que os libros estén presentan nas vosas cartas aos Reis Magos.
Hai lecturas para todos os gustos: narrativa, poesía, banda deseñada, consulta, música... Elixide ben!

domingo, 3 de decembro de 2017

BAIXO O MESMO PARAUGAS

Este é o lema co que o Centro Juan María convídanos a participar na actividade que organiza este vindeiro 3 de decembro polo Día Internacional polas persoas con Discapacidade xunto con outras asociacións e colectivos que traballan en prol da inclusión das persoas con discapacidade.


Baixo o mesmo paraugas é unha iniciativa que promueve a igualdade de dereitos e oportunidades, e ten como obxectivo facernos reflexionar sobre a necesidade que teñen todas as persoas de participar e sentirse parte fundamental da nosa sociedade.

O domingo haberá concentracións en Vigo, A Coruña e Pontevedra e as rúas se encherán de paraugas verdes con lemas a favor da inclusión.

O noso cole estará presente cun paraugas no que escribimos entre todos a palabra RESPECTO e do que penduramos as nosas esperanzas de construír unha sociedade mellor en forma de desexos.




Para todos aqueles que queirades animarvos a participar na concentración, comezará ás 12 no Naútico de Vigo.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes do traballo colaborativo feito polo noso alumnado en torno a esta actividade.







mércores, 29 de novembro de 2017

RECREOS A TOPE NA BIBLIO!

A verdade que estamos encantados co número de usuarios que cada recreo se achega á biblioteca para facer uso dos recursos que poñemos á súa disposición!

Nestes momentos, durante o descanso da mañá hai quen aproveita para devolver e levar fondos; sempre a cargo dos axudantes de biblioteca. Menudas colas se forman!


Outros deciden probar sorte co reto proposto para o mes no recuncho do noso Makerspace. O primiero consistiu en suxeitar libros con espaguetis e esta vez toca programar o escornabot e escribir o código que introducimos para realizar un percorrido dado.





Algúns gozan xogando co escornabot, ao tempo que aprenden sobre un tema. Neste caso, tiñan que atopar as imaxes non sexistas para reforzar o traballo feito nas aulas polo 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero.


Hai algún que gusta de ler ou de facer uso dos postos de ordenador con conexión a Internet.



E tamén hainos que están a preparar un contacontos ou a facer as súas tarefas de aula.

Se pode pedir máis? A verdade que gozamos comprobando que gustan de vir á biblioteca!

25 N: CAMISETAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo do Día nternacional contra a violencia de xénero o 25 de novembro, esta semana propuxemos ás familias unha actividade de concienciación dende unha perspectiva diferente. 

Cremos que o cambio, ese que evita a humillación, as palizas e mesmo a morte das víctimas de violencia de xénero, debe comezar por concienciar a TODOS de que homes e mulleres debemos ter os mesmos dereitos e asumir as mesmas responsabilidades no día a día.

A actividade consistía en reflexionar sobre os slogans que hoxe en día poden verse nas camisetas infantís (mensaxes moi diferentes se se trata dun neno que se se trata dunha nena) e deseñar unha camiseta cun slogan no sexista, dirixida a calquera público independentemente do seu sexo.

Gustaríanos agradecer ás familias a implicación e a participación, pois agora temos os corredores cheos de frases positivas que nos recordan que NO CEIP SERRA VINCIOS TODOS CONTAMOS IGUAL.

Aquí vos deixamos algunhas fotos do resultado final. Estades invitados a ler todos e cada un dos slogans, anímadevos a vir!










martes, 24 de outubro de 2017

LENDO BAIXO O SOL NO DÍA DAS BIBLIOTECAS

A verdade que hoxe facía un sol tan bonito que, para conmemorar o Día internacional das Bibliotecas escolares, decidimos saír ler ao sol cos nosos afillados (e padriños).

Eliximos as lecturas con moito cariño (lecturas de outono, de Samaín, de medo...) e preparámolas con ganas para converternos en expertos contistas.




Logo de rematar as lecturas individuais, fixemos un contacontos conxunto que gusta a grande e pequenos: Corre, corre, cabaciña, de Eva Mejuto y André Letría, publicado por OQO Editora.

A profe contou unha parte da historia e nós cantamos outra. A verdade que foi moi divertido.

Por se non a coñecedes, aquí vos deixamos a historia completa en Contos do camiño da CRTVG. Pinchade aquí.


Que tal o voso día das bibliotecas escolares?