O primeiro e máis importante, gustaríanos agradecer a todos a vosa participación neste Concurso de Poesía para Todos.
Foron 15 días moi activos, pois rexistramos nada máis e nada menos que 105 textos, entre pareados e haikus, de 88 participantes! Todo un éxito!
Así de bonito luce agora un corredor na planta baixa. Estades todos invitados a ler os poemas! |
A elección foi moi difícil para o xurado; tanto, que tivemos que solicitar axuda de outros Equipos do cole para tomar unha decisión. Había tanta calidade literaria e artística !
Aquí vedes por que non foi doado elixir os gañadores... |
Hoxe, reunímonos baixo a mesma árbore que acolleu os días de sol o recital de poesía para entregar os premios. Estabamos todos, grandes e pequenos, deseosos de coñecer o nome dos afortunados gañadores. Qué nervios!
Ganas de coñecer o nome dos gañadores... Canta espectación! |
Na categoría de pareados, para alumnos ata 2º de Educación Primaria, as gañadoras foron Amanda Rial e Antía Barros, ambas de 2º curso. Estos son, por esa orde, os seus textos:
Por outra banda, na categoría de haikus, para alumnos dende 3º de Educación Primaria e resto da Comunidade Educativa, as gañadoras foron Alba Alborés, de 4º, e Marta Costas, de 6. Estos son, por esa orde, os seus textos:
Noraboa ás premiadas! Todas elas recibiron un premio composto por un libro de poesía, unha libreta, un marcapáxinas, un imán de Librincios e unha bolsa.
De esquerda a dereita: Alba, Antía, Amanda e Marta. Noraboa chicas! |
Invitámosvos a todos a pasarvos pola planta baixa do cole e ler todos e cada un dos textos, pois son marabillosos.
Noraboa a todos os participantes!
GRACIAS! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario