Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2010/2011. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2010/2011. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de abril de 2011

Gonzando dos libros e da Primavera

  Con motivo do Día do libro, que se celebrou o pasado 23 de abril, estamos a facer durante esta semana unha actividade de animación á lectura na que participa todo o Centro.

  Cada día, na Hora de ler (que facemos despois do recreo), baixamos ao patio do cole para compartir un rato de lectura en voz alta.

  Nas clases de Educación Infanlil, son alumnos de 6º os encargados de contar as historias, elixidas polas profes do fondo de literatura recreativa da Biblioteca. Canto lles gusta escoitar as aventuras e desventuras dos personaxes dos contos!

Martín, gran narrador, lendo un conto aos alumnos de 5 anos
Os nenos de 4 anos escoitaron moi atentos a Estela

Aroa foi a encargada de ler para os alumnos de 3 anos

  Como os alumnos de 1º e 2º xa len moi ben, fixeron quendas para ler eles mesmos un conto en voz alta. Elixiron un lugar do patio cunha boa sombre para poder sentar todos en círculo e... a gozar da historia!

Momento en que Gonzalo leu para todos os seus compañeiros
  O segundo ciclo disfrutou da lectura tamén baixo a sombra dunha árbore. Estaban tan ben alí que cando chegou a hora de voltar a clase... querían seguir lendo!

Todos escoitaron moi atentos a Aitor

  Os maiores do cole, 5º e 6º, sentaron na entrada principal, pois poucas sombras quedaron libres. Ao longo da semana remataron o libro que elixiron entre todos!

Momento no que Nerea relata en voz alta un dos capítulos do libro

  Se queredes seguir gozando con actividades sobre o Día do Libro, deixamos aqui algunhas ligazóns interesentes:




BOA LECTURA !

martes, 19 de abril de 2011

VINCIOS, a nosa parroquia !

  Neste segundo trimestre de curso, foron as clases de 4 anos, 5 anos, 1º e 2º as encargadas de contarnos todo o que saben sobre Vincios. Estiveron investigando todos estes meses para informarnos sobre as plantas que podemos atopar na parroquia e sobre os barrios que a compoñen... e ata tivemos un telexornal en directo!

A CLASE DE 4 ANOS FALOU DAS MOITAS 
PLANTAS QUE HAI EN VINCIOS
 
A profe Filo presentando o mural con toda a información
 
Algúns alumnos de 4 anos explicando as propiedades das plantas

OS ALUMNOS DE 5 ANOS DEIXARON BEN CLARO CANTOS BARRIOS TEN A PARROQUIA
 
Que nervios antes de empezar!

Toda a clase saudando ao rematar... porque o fixeron moi ben!

NO TELEXORNAL DE 1º E 2º INTERVIRON EXPERTOS EN TODAS AS MATERIAS PARA FALARNOS DE VINCIOS


O experto en Historia falando da Igrexa de Santa Lucía.


Os presentadores e un dos expertos en xeoloxía, falando do Galiñeiro.

venres, 8 de abril de 2011

Caracois e os Contos do Camiño en TVG2

  OQO editora, en colaboración coa TVG, vai emitir dúas series infantís de animación audiovisual, feitas en Galicia e en galego: Caracois e Os contos do Camiño. Ambas están baseadas en exitosos álbums ilustrados de OQO (ambolos dous de 2005, ano en que botou andar a editorial galega).

  Deste xeito, os rapaces terán a oportunidade de volver gozar das historias de contos tan coñecidos por eles como A bruxa regañadentes; Corre corre, cabaciña; Chocolata; Ollobrusco; Rato Tom e Rata Tomasa; A incríbel historia da nenapaxaro e o galopín...

  Mais, desta vez, os personaxes cobrarán vida en formato audiovisual e as súas aventuras ―tantas veces lidas e relidas por milleiros de cativos grazas ao fondo das nosas bibliotecas― poderán seguilas  proximamente na canle TVG2.

  Nas dúas series, OQO filmes ―sección audiovisual de OQO editora― adaptou os álbums ilustrados da editorial ao formato audiovisual, a través da técnica de animación en stop-motion. E, ao igual que cos libros, a filosofía de ambas remite a unha aposta por un entretemento para os cativos de calidade e en galego: boas historias que merecen ser contadas, sexa en libro ou en filmes.


  Aqui tedes os carteis das primeiras historias en chagar á pequena pantalla:

Para nenos de entre 3 e 7 anos
Para nenos de entre 2 e 4 anos

Podedes atopar máis infrmación na seguinte ligazón:

luns, 4 de abril de 2011

Libros para ler en Primavera

Para os máis pequenos...


El ombligo de Juanito
RAMÓN ARAGÜÉS
OQO editora


Rhino's Great Big Itch!
NATALIE CHIVERS
Little Tigers Press

Catalina, lina, luna
CHARO RUANO
Amarú

O sorriso de Daniela
CARMEN GIL
Kalandraka

Spot Goes to School
ERIC HILL
Puffin Books

Concierto para animales
ANDRÉS VALERO
Kalandraka

    
O Reiseñor
ALICIA SUÁREZ
Kalandraka

Éstas son las mañanitas
CARLOS PELLICER
FCE

Un cuento de ballenas
MÓNICA GUTIÉRREZ
Brosquil


venres, 25 de marzo de 2011

Libros con Premio

  Dous libros en galego, O pintor do sombreiro de malvas (OQO) e Contos para nenos que durmen deseguida (Kalandraka) foron incluidos na lista The White Ravens 2011. Moi pronto poderás atopalos na nosa Biblioteca!


Podedes atopar máis información no Blog de Kalandraka

e o listado completo dos libros que recibiron esta distinción na seguinte ligazón

BENVIDOS AO NOVO BLOG !

Ola amigos! Son Librincios. A maior parte de vós xa me coñeces e coñecedes tamén a nosa Biblioteca escolar, verdade?

Estou aquí para presentarvos o meu novo Blog, onde poderedes atopar moita información sobre actividades, novidades editoriais, curiosidades, novas, etc.

Espero que vos guste e que participedes deixando os vosos comentarios!
Un saúdo para todos!