martes, 24 de maio de 2022
CONTACONTOS 2º E.P.
venres, 20 de maio de 2022
Contos pola igualdade
Hoxe, tódolos nenos do cole, gozaron dun marabilloso contacontos de Bea Campos e Manuel Botana entorno a tres contos- Rosa Caramelo- Daniela Pirata- O libro dos porcos
Foi unha xornada moi divertida nun entorno envidiable.
venres, 13 de maio de 2022
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
O 17 de Maio do ano 1863, publicouse "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro. Este é o motivo polo cal, elexiuse esta mesma data para celebrar o Día das Nosas Letras, da Nosa Cultura... do Noso Galego.
Este ano 2022, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, está adicado ao escritor FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903.
Era fillo de Florencio e Consuelo, e o menor dos cinco irmáns. Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas.
Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras.
Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego.
Deixounos, entre outras, obras tan fermosas como BEBEDEIRAS (1934), GALICIA INFINDA (1963), CANTARENAS (1981) e O SOÑO DO GUIEIRO (1986).
Faleceu en California un 14 de maio de 1987.
mércores, 4 de maio de 2022
SEMANA DA POESÍA
luns, 2 de maio de 2022
A MÁXIA DOS SENTIDOS
A MAXIA DOS SENTIDOS!
As nenas e os nenos de 4º saben facer MAXIA!!!!
A ver quen é quen de descubrir os trucos...