Amosando publicacións coa etiqueta Premiados. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premiados. Amosar todas as publicacións

xoves, 20 de xuño de 2019

Premios

Como cada curso, logo dun bo traballo, hoxe damos os premios para os máis lectores deste curso e os que máis retos superaron no Makerspace .
Noraboa!




xoves, 26 de abril de 2018

PREMIOS DO CONCURSO DE POESÍA

O primeiro e máis importante, gustaríanos agradecer a todos a vosa participación neste Concurso de Poesía para Todos. 

Foron 15 días moi activos, pois rexistramos nada máis e nada menos que 105 textos, entre pareados e haikus, de 88 participantes! Todo un éxito!

Así de bonito luce agora un corredor na planta baixa. Estades todos invitados a ler os poemas!

A elección foi moi difícil para o xurado; tanto, que tivemos que solicitar axuda de outros Equipos do cole para tomar unha decisión. Había tanta calidade literaria e artística !

Aquí vedes por que non foi doado elixir os gañadores...

Hoxe, reunímonos baixo a mesma árbore que acolleu os días de sol o recital de poesía para entregar os premios. Estabamos todos, grandes e pequenos, deseosos de coñecer o nome dos afortunados gañadores. Qué nervios!

Ganas de coñecer o nome dos gañadores... Canta espectación!

Na categoría de pareados, para alumnos ata 2º de Educación Primaria, as gañadoras foron Amanda Rial e  Antía Barros, ambas de 2º curso. Estos son, por esa orde, os seus textos:



Por outra banda, na categoría de haikus, para alumnos dende 3º de Educación Primaria e resto da Comunidade Educativa, as gañadoras foron Alba Alborés, de 4º, e Marta Costas, de 6. Estos son, por esa orde, os seus textos:



Noraboa ás premiadas! Todas elas recibiron un premio composto por un libro de poesía, unha libreta, un marcapáxinas, un imán de Librincios e unha bolsa.

De esquerda a dereita: Alba, Antía, Amanda e Marta. Noraboa chicas!

Invitámosvos a todos a pasarvos pola planta baixa do cole e ler todos e cada un dos textos, pois son marabillosos.

Noraboa a todos os participantes!

GRACIAS!

mércores, 14 de xuño de 2017

CLAUSURA DA BIBLIOTECA

Xa se achegan as vacacións e Librincios e todos nós imos pouquiño a pouco pechando o curso.

Hoxe tocou clausurar a biblioteca, así que a partir de agora xa non haberá empréstitos e toca devolver todos os libros...

Para poñer o broche final a un curso cheo de emocións e lecturas, quixemos, en primeiro lugar, agradecer aos axudantes de biblioteca de 5º e 6º a súa colaboración durante o curso en varias das actividades e tarefas. Eles fixeron os empréstitos e devolucións de fondos no meiga durante os recreos, colocaron os libros e películas no seu lugar, renovaron  os fondos de infantil, promocionaron libros...

Aquí están todos eles, co diploma de agradecemento. Sodes marabillosos, gracias!



Logo do gran aplauso que recibiron de parte de todos os seus compañeiros, pasamos á entrega de premios aos máis lectores de cada curso de Educación Primaria (de fondos da biblioteca, claro está!).

Curiosamente todo foron nenas! Levaron unha lectura para o verán, unha libretiña para usar de diario, uns marapáxinas, unha chapa e un imán de Librincios.

De esquerda a dereita: Eva Salgueiro (6º), Alba Rodríguez (5º), Iria Pereira (4º), Lucía Martínez (3º), Leire de Miranda (2º) e Atenea Troncoso (1º).

Para rematar, entregamos o premio do concurso de fotografía, o último deste curso. Houbo fotos para todos os gustos e foi difícil a elección. Valorádeo vós mesmos!



A gañadora foi Xiana Vilarino, de 4º curso, que recibiu un portafotos para enmarcar a súa instantánea, unha libretiña para escribir e uns marcapáxinas para non perder o fío da súa lectura.


Moitas gracias a todos polo esforzo deste curso, que foi moi intenso e emocionante. 

Xa só nos quedan por ver as exposicións de 4º e 5º sobre o tema anual (que serán a próxima semana) e deixalo todo listo para que veñades buscar os vosos empréstitos de verán.

SEGUIDE LENDO!

xoves, 22 de decembro de 2016

PRIMEIRAS EXPOSICIÓNS EMOCIONANTES!

Este trimestre tocoulles a 6º, 3º e 2º de Educación Primaria expoñer o seu traballo sobre as emociones.

Comezaron os maiores, o de 6º, pois os nervios son menos traicioneiros con eles. Faláronnos de emociones e a súa expresión física e de estados que nos fan experimentar esas sensacións... pero foron moi orixinais na presentación! 
A exposición foi un programa de televisión chamado Un, dous, tres... emociónate outra vez! que, aos máis maiores, lembrounos a época de Ruperta e as tacañonas... Mirade que xeito!



En segundo lugar, os alumnos de 3º presentáronnos un Sistema Solar moi emocionante. A delicadeza na presentación, o agarimo da realización plástica, a dozura da música... foi todo un traballo



Finalmente, os alumnos de 2º mergulláronnos na historia dunha nena e dun neno que aprenderon a xestionar as súas emocións negativas grazas ao apoio e ao cariño de quenes lles rodean...



Gustounos moito compartir experiencias emocionantes e aproveitamos a ocasión para premiar aos gañadores do Concurso musical Ao son das cabazas.
Noraboa aos premiados, que quedaron encantados cos seus agasallos!

De esquerda a dereita, os gañadores foron: Carlota Liz, Mar Herranz, Nayara Soage e Anxo Montoto.

xoves, 27 de outubro de 2016

GAÑADORES DO CONCURSO DE MICRO RELATOS

Pois si, xa temos gañadores! Que caras de emoción ao escoitar os seus nomes!

Foron moitos os que participaron, e queremos agradecerlles a todos o tempo e o esforzo invertidos. Poderedes ler todos e cada un dos relatos no libro que poremos a vindeira semana no andel de novidades.
Coma sempre, fomos todos á Biblioteca do cole para a entrega de premios. Estabamos nerviosos e intrigados... ata que escoitamos os nomes dos gañadores!



Na categoría de 1º e 2º gañou Iago Costas Couto co relato El demonio asesino.

Na categoría de 3º e 4º gañou Nayara Soage Silva co relato La noche sangrienta.



Na categoría de 5º e 6º gañou Yeneba Romero Salgueiro co relato O Pazo do Conde de Gondomar.



Aquí tedes as caras de felicidade dos gañadores, que foron ovacionados por todos os demais alumnos do cole.


NORABOA AOS PREMIADOS 
E GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!

venres, 29 de abril de 2016

EXPERIMENTANDO A MAXIA

Hoxe visitounos o Mago Teto, que veu dende Santiago de Compostela para facer no noso cole un espectáculo moi relacionado co tema que estamos a traballar este curso: Inventos e experimentos.

Momento no que converteu as luces recollidas nun bonito ceo nun pano.

Queremos agradecer a ANPA do cole a súa iniciativa, pois foron eles quen se encargaron de organizar todo. Nós só tivemos que deixarnos abraiar polo artista!

O "chow" comezou co mago roubando a enerxía dos nenos, en forma de luces que saían das súas cabezas.

O mago recollendo pequenas luces que aparecían nas cabezas dos alumnos.

Logo, coloreou un libro sen usar lapiz nin pinturas; cortou e arranxou unha corda coa axuda de Carlota; Iker e Elena axudáronlle a facer aparecer e desaparecer un ovo dentro dunha bolsiña; tivemos que librarlle dunha corda que o tiña ben suxeito; explicounos como a ciencia pode parecer maxia (aínda que a maior parte de nós xa o sabíamos porque nas clases facemos moitos experimentos...); Miguel e Dani pensaron empaparse cun vaso de auga; Marcos e Aroa foron imprescindibles para cambiar de sitio un paraugas... 

Ao final, dunha corda que queimou no escenario, saíu un papeliño co nome do gañador do concurso de fotos: José Liz por El nombre de la rosa.

A verdade que o pasamos en grande... Agora todos queremos ser magos!
Cada un dos trucos deixounos coa boca aberta e o mago fíxonos rir ás gargalladas (aos profes sobre todo).



Gracia aos papis por un rato tan estupendo!

martes, 1 de marzo de 2016

EXPERIMENTOS PREMIADOS

Xa temos gañadores do concurso convocado pola Biblioteca En febreiro, namórate da ciencia.
Foron 28 os vídeos recibidos en todas as categorías e... menuda calidade! Temos auténticos científicos entre nós! 

GRACIAS POR PARTICIPAR!

Todos eles merecen a pena ser vistos, por iso moi cedo publicaremos unha ligazón coa lista de reprodución dos mesmos.

Mentres tanto, queremos compartir con todos os cinco vídeos gañadores nas cinco categorías. As votacións do público asistente á proxeción (25 e 26 de febreiro) e do xurado especializao estiveron moi reñidas, xa que cada vídeo tiña algo especial que o facía gañador... pero había que decidir!

Na categoría de Infantil a gañadora é Zaira Fernández Baldomir, da aula de 5 anos, co seu experimento chamado A auga que sube pola botella.


Na categoría de 1º ciclo o gañador é Adrián Lages Álvarez, da aula de 1º, co seu experimento Como lanzar un foguete.


Na categoría de 2º ciclo o gañador é Anxo Montoto Freiría, da aula de 3º, co seu Microscopio caseiro.


Na categoría de 3º ciclo a gañadora é Yeneba Romero Salgueiro, co seu experimento O foguete voador.


Na categoría de adultos-familias os gañadores son José Daniel Salgueiro Vidal e a súa mamá Vanesa, co seu Holograma caseiro.



Todos os participantes recibiron un diploma e unha chapa durante a entrega de premios para agradecer o seu entusiasmo.
Aquí vos deixamos algunha foto da mesma.




Gracias a todos... sodes xeniais!

martes, 1 de decembro de 2015

ENTREGA DE PREMIOS "VA DE INVENTOS"

Hoxe reunímonos na biblioteca para entregar os premios do Concurso de escritura Va de inventos, convocado con motivo da celebración do mes da ciencia.
Estas eran as bases:


A participación foi moi elevada, pois presentáronse os longo do mes de novembro máis de 60 textos de altísima calidade. Foi moi difícil para o xurado a selección dos gañadores!

O premio que recibiron os gañadores das catro categorías consistiu nun kit para facer experimentos, pois é un xeito de fomentar o gusto polo traballo científico que estamos a realizar no cole durante este curso.





Aquí tedes os textos premiados en cada categoría:

Ivo Cea González - Premio en 1º curso de Primaria






Lucia Martínez Otero - Premio en 2º curso de Primaria









Xiana Vilariño García - Premio en 2º ciclo de Primaria



Noa Costas Couto - Premio en 3º ciclo de Primaria

luns, 8 de xuño de 2015

CLAUSURA DE ACTIVIDADES

O 8 de xuño clausuramos as actividades da Biblioteca escolar. Este foi un ano cheo de lecturas e lectores, de investigacións, de... sementes de futuro!

Comezamos entregando os premios do concurso Atopa a resposta! As aulas de Infantil e 23 nenos e nenas de Primaria levaron un imán para a neveira con Librincios, a nosa mascota.

Expectación ante os premios

Despois demos os premios aos máis lectores de cada curso (de fondos da nosa Biblioteca). Foron todo nenas!

Todos os premiados ben contentos cos seus agasallos

Finalmente, recoñecimos a labor dos alumnos de 6º que levan 2 cursos como Axudantes de Biblioteca. Démoslles un diploma personalizado a cada un e un fortísimo aplauso ben merecido!

Os axudantes de 6º cos seus diplomas. Que imos facer sen eles!

Moitas gracias a todos por ser parte da vida desta Biblioteca.
Para o ano máis e mellor!


venres, 15 de maio de 2015

PREMIOS DO XX CERTAME LITERARIO A XOANIÑA

Este venres, como remate do Festival das Letras Galegas do cole, déronse os premios do XX Certame Literario A Xoaniña.
Houbo moita expectación no momento da entrega... nervios, ilusión... 
Aquí tedes aos premiados, que quedaron contentísimos cos seus agasallos :)

Premios de todos as categorías en narración e poesía :)

venres, 19 de decembro de 2014

GAÑADORES DO I CONCURSO DE CARTAS AOS REIS MAGOS

Foi unha decisión moi difícil para os membros do xurado, pois a calidade das cartas e, sobre todo, o emotivo contido de todas e cada unha delas, puxeron o listón moi alto.
Aquí podesdes ver todas as que recibimos!


Tres profesores, un pai, unha nai, un membro do persoal non docente do Centro e tres alumnos colaboradores da Biblioteca escolar foron os encargados de elixir estes tres traballos como os mellores deste ano:

Lois Martínez Otero, 3 anos
Alba Alborés Fernández, 4 anos

Assier García Romero, 6º
Noraboa a todos! Disfrutade lendo o premio!

Aquí tedes aos premiados, algúns acompañados polos seus padriños lectores.


venres, 13 de xuño de 2014

ENTREGA DE PREMIOS

     Hoxe reunímonos todos na biblioteca para facer a entrega dos premios aos gañadores dos concursos convocados este curso. 

  •  Concurso de Fotografía " Libros e Lendo ". Os gañadores foron:  a profe Noemi , Mauro de 5º e Gabriel de 3º.
  • Os alumnos de Infantil acadaron todosun premio por participar no " Atopa Resposta". Recolleron os premios Nico, Atenea e Xoel, por ser os encqargados do día.
  • As alumnas máis lectoras foron : Xiana de 1º, Sofía de 2º, Eva de 3º, Nara de 5º, Marta de 6ºA e Anaí de 6ºB.
  • Axudantes da biblioteca: mención especial pola súa labor .
  • "Atopa Resposta " : Desi de 5º.



venres, 16 de maio de 2014

ENTREGA DE PREMIOS


   Rematou o noso FESTIVAL, do que podedes ver o video das estupendas actuacións de todos os cursos na Web do cole, coa entrega de premios a cargo das profes Mª Luisa e Bea do "Concurso de poesía e relatos da Xoaniña."



Noraboa a todos os premiados e aplausos para todos os profes e alumn@s polo fabuloso festival .


martes, 4 de febreiro de 2014

XA TEMOS GAÑADORAS DO CONCURSO "FALANDO DA PAZ"

Todas as mensaxes foron moi especiais, pois viñan dende o máis sinceiro de cada un de nós. 

Moitas gracias ao alumnado, aos profes e ao persoal non docente por participar nesta actividade. Que orgullo de cole!

Premede na imaxe para ver o vídeo completo, que  é marabilloso! 

Parabéns a Ana Arias Gómez, Sheila Rial Quilis e Alba Rodríguez Rois, pois foron as gañadoras do concurso de mensaxes orais.


      De esquerda a dereita: Alba, Ana e Sheila. Parabéns, chicas!


xoves, 19 de decembro de 2013

EXPOSICIÓNS TRIMESTRAIS


  Hoxe asistimos na biblioteca as primeiras exposicións do noso proxecto anual " Gastronomía ".
  Os rapaces /as de 6º A presentaron o seu traballo sobre " A castaña " e os de 4º o seu tema " O chocolate "

Os dous grupos fixeron un traballo fantástico. Parabéns !



   
                             
                      No blogue do 2º Ciclo tedes toda a información desta exposición

   Rematouse a sesión coa entrega do premio ao gañador do concurso musical organizado pola profe Elena.
   Noraboa a Adríán Rodríguez de 4º por ser o primeiro gañador deste concurso que estivo moi reñido. Anunciarón que haberá máis !

mércores, 30 de outubro de 2013

ENTREGA DE PREMIOS HISTORIAS DE TERROR

   Hoxe reuníronse na biblioteca todos os alumnos de Primaria para asistir a entrega de premios do " V Concurso de Historias de Terror ". As premiadas foron: Sheila Rial de 2º, Yeneba Romero de 3º e Marta Garrido de 6º A .
  Despois das felicitacións ás premiadas, a coordinadora comentounos que parece que hai algunha suxerencia para renovar este concurso por parte dalgúns alumnos do 3º Ciclo. 
   Será para ... aumentar a participación neste tipo de convocatorias ? Estamos expectantes!