Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de maio de 2025

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

 UNHA SEMANA MOI ESPECIAL

En canto regresamos das vacacións de Semana Santa festexamos no cole o Día Internacional do Libro. Como unha soa xornada non nos ía chegar, ao longo de dúas semanas, madriñas, padriños e afillados/as compartimos unhas xuntanzas a mar de entretidas para conmemorar este día cuns obradoiros para elaborar marcapáxinas de origami.

Queres ver o ben que o pasamos? Aquí deixamos unhas fotiños!






A que quedaron uns marcapáxinas moi xeitosiños?


luns, 29 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

Este ano tivemos que agardar ao anticiclón para realizar a actividade que tiñamos programada polo Día do Libro: encher de historias as árbores do cole!
Cada un ao seu gusto, escribimos e decoramos os textos e os preparamos para colgalos das árbores e poder levar a lectura ao patio, xa que agora comeza o bo tempo e descansar á sombra mentres lemos unhas palabras fermosas é marabilloso!
Animádevos a pasear polo patio para descubrir novas lecturas! 


DÍA DO LIBRO 2019

xoves, 25 de abril de 2019

CONTACONTOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

Unha das actividades deste ano para conmemorar o Día do Libro foi a visita de Carla, bibliotecaria e libreira do Val Miñor. Pasámolo xenial con ela e coas historias ás que nos achegou, dun xeito moi divertido e cheo de amor cara os libros. 
Para os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria contou Daniela Pirata (NubeOcho), unha historia na que unha nena quere ser pirata e ten que superar varias probas baixo a atenta mirada da tripulación do barco. Pescamos, saltamos, e estivemos moi, moi atentos para axudar a Daniela. Pensades que se convertiu en pirata?
Tamén houbo contos para os curso de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, que disfrutaron de Ayobami (Cuento de Luz), La gran fábrica de palabras (Tramuntana) y El lazo invisible (Astronave). 
Aquí deixamos un vídeo coas imaxes desta estupenda sesión de contos.
Moitísimas grazas por visitar Librincios, Carla!