Hoxe pechou a Biblioteca. Xa sabemos que vos da moita pena, a nós tamén, pero é hora de facer avaliación, recoller os fondos, espurgar...
Aproveitamos a ocasión para ver os vídeos do Concurso musical e facer a entrega de premios. As gañadoras foron Eva de 5º e Alba de 5º anos, madriña e afillada lectoras, cunha canción moi tenra. Mirade o vídeo e xulgade vós mesmos!
Gañadoras do concurso :) |
Pero demos outros premios: aos máis lectores de cada ciclo, e aos gañadores do concurso Atopa a resposta!
Tamén tivemos un detalle cos axudantes deste curso, pois sen eles non poderíamos levar a Biblioteca tan ben!
Ningún comentario:
Publicar un comentario