Trátase de realizar un vídeo de ata 3 minutos co obxectivo de animar á lectura dalgunha obra que vos gustara especialmente.
Tedes que ter en conta os seguintes requisitos:
- Cumprimentar o “Documento de aceptación das bases”.
- Entregar o “Documento de aceptación das bases” completo e asinado cunha copia do DNI no correo electrónico recomendocheunlibro@gmail.com ou de forma presencial ou correo postal na Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo.
- Os proxectos poden tratar sobre calquera libro, tema, idioma e/ou soporte sempre que sexa unha copia legal.
- Poden realizarse críticas literarias, booktrailers, booktube ou calquera tipo de proxecto audiovisual dirixido á animación lectora.
- Ten que estar feito en galego. Valorarase positivamente o feito de que aparezan obras en galego nos proxectos.
- O tratamento da crítica ten que ser sempre en positivo.
- Dado o caso, o vídeo ten que protexer a trama do libro, non pode desvelar nada relevante da historia.
- O tratamento e a linguaxe debe ser respectuoso, non debe ser groseiro e debe ser adecuado a todos os públicos.
- A gravación non pode durar máis de 3 minutos.
- Tanto a imaxe como o son deben ter os niveis adecuados para poderen ser reproducidos.
- Valorarase positivamente a calidade técnica e artística así como a creatividade dos proxectos, o risco narrativo e a intención de facer achegas ao audiovisual.
- O formato debe ser adecuado para poder transmitirse por esta canle.
- Os participantes garanten coa aceptación das bases que posúen os dereitos de autor do proxecto audiovisual, incluídos os de imaxe e son.
- Todos os vídeos aparecerán etiquetados cos seguintes datos: Nome do autor/es Título do libro – Autor do libro – Edición.
Nel podedes ler as modalidades de participación, composición do xurado, e acceder a canle de YouTube Recoméndoche un libro para ver os vídeos da pasada edición, na que foi finalista unha alumna do noso centro!
Se queredes participar, contactade coas profes encargadas da biblio durante os recreos. Agardámosvos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario