Exprimindo os últimos días de cole e tamén os últimos momentos compartidos na nosa Aula Creativa...da gusto vervos por aquí gozando dos xogos e actividades propostas!
RECREOS MOLONES XUÑO 2023
Dende a Biblioteca escolar de Librincios queremos adicar un espazo especial na nosa Aula Creativa para celebrar o 8 de marzo, Día da Muller, propoñendo "Xogos en Feminino" para concienciar e aprender sobre mulleres emprendedoras e comprometidas que abriron camiño cara a igualdade.
O noso alumnado poderá gozar destes xogos durante os recreos e sesións de titoría na Aula Creativa.
Animádevos... seguro que aprendedes un montón de cousiñas!
Exposición do 1º Trimestre:
GALEG@S POLO MUNDO
Os cursos de 3º e 4º de EP. fixeron a primeira Exposición Temática deste curso. Arredor do noso poxecto anual, "O meu lugar no mundo", andiveron a buscar información sobre unha chea de países e decidiron darlle forma de telexornal.
E así, tod@s xuntiñ@s na Biblioteca, como nos gusta facer, puidemos disfrutar dun TELEXORNAL DE GALEG@S POLO MUNDO moi orixinal e divertido.
E para festexar o Samaín, dende o ciclo de EI celebramos varios obradoiros interciclos un deles feito nun lugar moi especial para os nenos e nenas na procura de fomentar a curiosidade e o asombro coa luz e as experiencias propostas... a nosa Aula Creativa converteuse nun lugar cheo de luz negra!