xoves, 25 de abril de 2019

CONTACONTOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

Unha das actividades deste ano para conmemorar o Día do Libro foi a visita de Carla, bibliotecaria e libreira do Val Miñor. Pasámolo xenial con ela e coas historias ás que nos achegou, dun xeito moi divertido e cheo de amor cara os libros. 
Para os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria contou Daniela Pirata (NubeOcho), unha historia na que unha nena quere ser pirata e ten que superar varias probas baixo a atenta mirada da tripulación do barco. Pescamos, saltamos, e estivemos moi, moi atentos para axudar a Daniela. Pensades que se convertiu en pirata?
Tamén houbo contos para os curso de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, que disfrutaron de Ayobami (Cuento de Luz), La gran fábrica de palabras (Tramuntana) y El lazo invisible (Astronave). 
Aquí deixamos un vídeo coas imaxes desta estupenda sesión de contos.
Moitísimas grazas por visitar Librincios, Carla! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario