UNHA SEMANA MOI ESPECIAL
En canto regresamos das vacacións de Semana Santa festexamos no cole o Día Internacional do Libro. Como unha soa xornada non nos ía chegar, ao longo de dúas semanas, madriñas, padriños e afillados/as compartimos unhas xuntanzas a mar de entretidas para conmemorar este día cuns obradoiros para elaborar marcapáxinas de origami.
Queres ver o ben que o pasamos? Aquí deixamos unhas fotiños!
A que quedaron uns marcapáxinas moi xeitosiños?
Ningún comentario:
Publicar un comentario