luns, 27 de maio de 2024

OBRADOIRO DE XOGUETES SONOROS!

Achégase o final de curso e o pasado 21 de maio puidemos disfrutar todo o cole dun obradoiro que xurdiu desde a Biblioteca Creativa. Foi levado a cabo por Miudiño, e estivemos argallando con diferentes recursos naturais como canas, noces, paus, carozos... e outros materiais de refugallo para darlle unha segunda vida e conseguir transformalos en verdadeiros instrumentos musicais como o mirlitón, reque reque, bate bate, sistro...

Foi unha xornada moi entretida na que descubrimos os verdadeiros e verdadeiras artistas que temos no noso cole!









Ningún comentario:

Publicar un comentario