martes, 4 de xuño de 2024

EMPRÉSTITOS DE VERÁN 2023-2024

😀  CHEGAN OS EMPRÉSTITOS DE VERÁN 23-24😄

Bo día Familias!! Dende o luns 10 de xuño ata o martes 18,  LIBRINCIOS pon en marcha os EMPRÉSTITOS DE VERÁN. Xa sabedes que é un servicio da Biblioteca do Centro e que ten carácter voluntario. Todos os nenos e nenas que o desexen poderán levar en préstamo 4 libros para disfrutalos con tranquilidade durante estas vacacións.

As familias o único que tedes que facer e cubrir o impreso que  vosas fillas e fillos levarán estes días para casa e que deberán devolver cuberto e firmado. Tamén o podedes imprimir dende aquí. Estes préstamos serán levados a cabo durante o horario escolar xunto coas mestras, así que non vos preocupedes e animade aos nenos e nenas a pasar un verano a mar de entretido acompañados de Librincios e os seus libros!








Ningún comentario:

Publicar un comentario