martes, 30 de abril de 2024

23 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

 CONTACONTOS POLO DÍA DO LIBRO

En novembro de 1995, a UNESCO decidiu establecer o 23 de abril, como o Dia Internacional do Libro, convertíndose nunha celebración a nivel mundial, aínda que a súa orixe remóntase ao ano 1926, moi pretiño de nós, en Cataluña. Nos primeiros anos, celebrábase o 7 de outubro, pero no ano 1930, os cataláns decidiron fixar este festexo o día 23 de abril.

Pero, por qué o 23 de abril? Pois moi sinxelo!! Este día, alá polo ano 1616, finaban escritores tan importantes na cultura mundial como Miguel de Cervantes Saavedra, autor do libro "El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha" (1605-1615 a segunda parte); William Shakespeare, autor de "Romeo y Julieta" (1595); Inca Garcilaso de la Vega, que no ano 1605, publicou "La Florida del Inca".

Así que, no cole, para festexar este día, recibimos a visita de Marisa Irimia, unha contacontos e ilustradora galega que comparitiu connosco "O Libro dos Pós Máxicos", que tiña agochados no seu interior príncipes moi caprichosos, raíñas e reis mortiños de soño, sapos e sapas, un crocodilo que quería ser un tren... ata unha moto había!


Moitas grazas Marisa por pasar este día tan especial connosco!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario