Vanesa e Jenni, nais de
Kira de 1º e Leire de 2º, puxeron onte, a guinda as sesións de Contacontos deste curso para os alumnos/as máis pequenos de Primaria.
Jenni contounos como
"NO PAÍS DOS MANDÓNS " uns cantos mandaban sobre o resto ,levándonos
coa narración a reflexionar sobre o valor da igualdade, na que homes e mulleres teñen os
mesmos dereitos.
Vanesa leunos poemas de
" O LIBRO DOS BICOS" un libro de poemas ilustrado que posúe mil e
unha historias ... unha morea de bicos que nos conquistan e consolan.
MOITAS GRAZAS por compartir con nós estas lecturas !
inda que non o vin, seguro que foi super guai.
ResponderEliminarxiana terceiro