mércores, 20 de decembro de 2017

PRIMEIRAS EXPOSICIÓNS SOBRE A HISTORIA

O alumnado de 4º e 5º foi o encargado de realizar as primeiras exposicións sobre a temática deste curso no noso Centro: Un paseo pola Historia.

Comezaron os nenos e nenas de 4º, cun marabillosos percorrido polas construcións da nosa contorna titulado Muíños, pilóns... e outras construcións.

Un momento da exposición na que dous alumnos explican as partes dun muíño.

Presentaron clara e brevemente, co apoio dunhas presentacións realizadas por eles mesmos, toda a información recopilada sobre muíños, pilóns, cruceiros, lavadoiros, sequeiros, petos de ánimas, alvarizas, pombais e cabanas.

Aquí vos deixamos as presentacións, para que poidades ver o gran traballo que realizaron.











Ao rematar eles, os alumnos de 5º déronnos Un paseo rápido pola Historia. En cousa de 10 minutos, da man das tres narradoras que vedes aquí abaixo, viaxamos dende a Prehistoria ata a Idade Moderna. 



Comezamos cos homes que habitaron a Terra durante o Paleolítico e o Neolítico, que nos deixaron claras as diferenzas entre ambos períodos.



Logo, viaxamos á Idade Antiga. Tres damas (unha exipcia, unha grega e unha romana) faláronnos das proezas dos seus imperios, pero tamén dos abusos que cometeron cos escravos que levaron a cabo as grandes construcións.


De aí, pasamos a Idade Antiga. Isabel e Fernando, os Reis Católicos, contáronnos como decidiron apoiar a Critóbal Colón na aventura de chegar ao novo mundo polo Oeste.


Xa na Idade Moderna, o rei Luis XIV e unha das súas vasalas contáronnos as inxustizas dunha sociedade de clases, e explicáronnos como a guillotina acabou con moitos dos dirixentes daquela época... Cortándolles a cabeza!


Na Idade Contemporánea, tres obreiros explicáronnos o loita da clase obreira durante a Revolución Industrial; unha loita moi importante pois grazas a ela os traballadores melloraron os seus dereitos laborais.


Noraboa a todos polo gran traballo realiado e grazas por compartilo con todos nós... Aprendemos moitísmas cousiñas que descoñecíamos ata agora!

Xa estamos desexando que cheguen as seguintes exposicións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario