Esta é unha das actividades que máis nos gustan a todos, alumnos, profes e familias.
Estes días, como actividade dentro dos apadriñamentos lectores, os maiores baixan ás aulas dos máis pequenos para axudarlles a escribir as súas cartas aos Reis Magos.
É un gusto escoitarlles preguntar e contar como se portaron este ano (todos moi ben, por suposto); verlles elixir, recortar, pegar e escribir xuntinos, cabeza con cabeza e corazón con corazón.
É un gusto escoitarlles preguntar e contar como se portaron este ano (todos moi ben, por suposto); verlles elixir, recortar, pegar e escribir xuntinos, cabeza con cabeza e corazón con corazón.
Vívense momentos moi especiais e créanse lazos que perdurarán co paso do tempo. Grandes e pequenos aprender non só a coñecerse, senón a convivir, a apreciarse e a quererse.
Aquí vos deixamos un vídeo con fotos para que vós tamén podades gozar desta marabillosa actividade!
Aquí vos deixamos un vídeo con fotos para que vós tamén podades gozar desta marabillosa actividade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario