Dende a Biblioteca escolar de Librincios queremos adicar un espazo especial na nosa Aula Creativa para celebrar o 8 de marzo, Día da Muller, propoñendo "Xogos en Feminino" para concienciar e aprender sobre mulleres emprendedoras e comprometidas que abriron camiño cara a igualdade.
O noso alumnado poderá gozar destes xogos durante os recreos e sesións de titoría na Aula Creativa.
Animádevos... seguro que aprendedes un montón de cousiñas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario