COMPARTINDO LECTURAS
No mes de maio, os nenos e nenas de Edución Infantil e 1º, 2º e 3º E.P. (Relixión) foron agasallados cuns contacontos a mar de interesantes.
As profes Montse e Noe, contáronlles aos peques do cole unha versión moi divertida do conto "Os Tres Porquiños", que forma parte do libro "Cámbiache o conto" de Pinto&Chinto. Fixo tan bo tempo que a xuntanza a fixeron ao aire libre!.
Os nenos/as de 1º, 2º e 3º que van a relixión, recibiron dous regaliños fermosísimos de parte do alumnado de Competencial de 2º E.P. A través destas historias, fixéronnos reflexionar sobre a importancia de educar a nenas e nenos na igualdade para así conseguir un mundo cada vez máis xusto e feliz. Pero lembra... todos e todas debemos esforzarnos e poñer da nosa parte para logralo!!
O conto de "Corre, Carmen, Carmencita" foi unha versión en galego que fixeron e ilustraron especialmente para este contacontos tan emotivo. Moitas grazas!! Sodes uns artistas!
Agora dende Reli xa estamos a preparar o conto que lle imos contar as nosas/os compis de Competencial de 2ºP. Será "Animais de compañía" de Manuel Lourenzo González. Nos gardades os segredo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario