APRENDENDO CON LEGO
No mes de abril tivemos na Aula Creativa un Obradoiro de Robótica con metodoloxía Lego. Desde os máis pequenos/as do cole ata os maiores o pasamos xenial xogando, argallando e aprendendo con este material que favorece o traballo en equipo, a experimentación, a potenciación e aplicación dos coñecementos STEM, a creatividade e a resolución de problemas e retos... entre outras moitísimas cousas!!
E como o máis importante é comezar sembrando nos pequechos esta semente da curiosidade e da inquedanza por aprender e descubrir, deixamos aquí unha mostra do moito que desfrutaron os nenos/as de E.I....
Ningún comentario:
Publicar un comentario