UN COLE OLÍMPICO
Neste 2º trimestre os nenos e nenas de Educación Infantil e 3º ciclo de Primaria compartiron connosco todo o que descubriron, pescudaron e aprenderon sobre as Olimpiadas ao longo destes últimos meses.
Os nenos e nenas de E.I., xunto coas súas profes, prepararon un circuito con diversas estacións onde as protagonistas foron As Mulleres Olímpicas.
O pasamos xenial pasando por cada unha delas e levando a cabo os retos que nos propuñan!!
Queredes ver o ben que o pasamos na Exposición de Ed. Infantil? Aquí tedes unha pequena mostra...
Mulleres Olímpicas. Educación Infantil (3º e 4ºP.)
Por outra banda, con 5º e 6º E.P., fixemos un percorrido moi interesante sobre a historia dos Xogos Olímpicos, o significado de cada un dos seus símbolos máis importantes e curiosidades arredor deste gran acontecemento deportivo.
Animádevos a aprender cousiñas sobre as Olimpiadas con eles?
Preme aquí 👇
Ningún comentario:
Publicar un comentario