martes, 26 de marzo de 2024

EXPOSICIÓNS 2º AV. PROXECTO BIBLIOTECA

 EXPOSICIÓNS 2ª AV. "COIDAMOS O PLANETA: REDUCIÓN DE RESIDUOS"

A semana do 18 ao 22 de marzo, os protagonistas do cole foron os nenos e nenas de E.I. e 5º/6º E.P. (tamén as súas mestras!). Para amosarnos todo o que investigaron e traballaron ao longo destas dúas avaliacións sobre o coidado do Planeta e da nosa contorna, preparáronnos cousiñas a mar de interesantes. O pasamos xenial! Foron uns días moi divertidos participando nas propostas dos nosos compis e descubrindo con eles todo o que argallaron ao longo destes meses. 

Moitas felicidades polo voso traballo! Queremos máis... divertímonos un montón!

Para que vexas o ben que o fixeron, deixamos esta pequena mostriña...


Que xincana tan entretida organizaron os peques de E.I. e as súas mestras! Guiados por un plano e traballando en equipo, chegamos a  uns códigos QR agochados polo cole, nos que descubrimos mensaxes con información e consellos moi interesantes preparados polos máis cativos e cativas. Sodes uns artistas!

E que dicir dos máis mairoes... Na Aula dos Soños argallaron unha super exposición onde puidemos gozar dunha chea de xogos feitos a partir de material de refugallo e tamén aprendemos moitas cousiñas que estiveron investigando e preparando para todos e todas nos. Que ben explicaron todo! O pasomos xenial xogando e escoitando o moitísimo que sabedes do noso Planeta e como coidalo!

Queremos máis xogos! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario