Boas, amigos e amigas!
A pasada semana tiveron lugar no cole, ao igual que a fin de semana anterior na nosa comunidade autónoma, as eleccións!! Pero as nosas foron especiais, tivemos que escoller un nome para poñerlle á nosa aula creativa. Dúas semanas atras, os axudantes da biblioteca foron por todas as clases a contar como o íamos facer. Fixeron unha presentación na que nos contaron que íamos ter dúas semanas para votar nun buzón da entrada as nosas propostas de nomes, e de aí saíron 4 nomes moi chulos: Creatincios, Súperaula, Serralandia e Aula dos soños.
Unha vez tivemos as 4 propostas, chegaron as eleccións!! De novo, os axudantes de biblioteca tiveron un papel moi importante neste proceso. Conformáronse as mesas electorais, que estiveron formadas por un presidente ou presidenta, dous vogais e un axudante. En cada sesión acudíu un ciclo a votar, tendo dúas mesas nas que poderían exercer o seu dereito a votación.
Xa por último chegou o momento do reconto de votos, comprobando o censo electoral e as persoas que acudiron a votar. Foi unha xornada moi interesante e divertida na que gañou, por unha diferenza pequena de 9 votos... AULA DOS SOÑOS!
Moitas grazas a todos e a todas pola participación e, en especial, ao súper axudantes de biblioteca!!! Vémonos en... 4 anos?
Ningún comentario:
Publicar un comentario