luns, 17 de outubro de 2022

PLATAFORMA DIXITAL ELBE.2

 Bo día, familias!

A puntiño xa de inaugurar a nosa Biblioteca de novo, facémosvos chegar os nomes de  Usuario e Contrasinal dos vosos fillos e fillas para poder acceder e facer uso da PLATAFORMA DIXITAL ELBE.2 cuxo obxectivo é achegar a  lectura dixital a nenos, nenas e familias. Nuns días, o novo alumnado levará a casa dito nome de usuario e contrasinal, non así o resto de nenas e nenos, que continuarán empregando os facilitados o pasado curso.

Lembrade que podedes visualizar o libro no ordenador, descargando unha aplicación para Windows no Microsoft Store (precisades crean unha conta se non a tedes).  Tamén a podedes visualizar no móbil ou tablet descargando a app no Play Store,  Apple Store ou Microsof Store (a aplicación é a de Lectura Dixital ELBE.2). 

O libro (máximo 2 de xeito simultáneo) que seleccionedes o teredes en empréstito durante 15 días en formato dixital.  No presente curso escolar poderán obter en préstamo ata 10 títulos.

A contrasinal a podedes cambiar se así o considerades (non así o nome de usuario).  Se optades por cambiala por outra lembrade  gardala, xa que para nos sería algo complicado poder recuperar esa conta.

 Por último,  se clicades sobre "Plataforma Dixital ELBE.2" que tendes aquí  embaixo  xa poderedes acceder á biblioteca dixital.  Introducide o nome de usuario e contrasinal que vos enviaremos dende o centro e buscade o libro ou libros que queirades ler.  Unha vez seleccionado, vos indicará o que precisades e os links para a descarga.

PLATAFORMA DIXITAL ELBE.2


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario