CHEGA O VERÁN...
... e con el as vacacións despois dun curso de duro traballo, unha chea de novas experiencias, moitas gargalladas con compis e profes, momentos cheos de emotividade arredor dun libro... En definitiva, un ano repleto de aprendizaxes!. Pero agora, precisades un moi merecido descansiño, gozar moito das vacacións, da familia e amigas e amigos, praia, piscina, facer unha cabana nunha árbore... e por suposto, un bo libro que vos leve de viaxe a lonxanos lugares cheíños de misterios, aventuras e emocións!.
Eu pasarei uns días con Cocorico comendo pastel e farei unha viaxe moi divertida en globo co meu amigo Xulio Verne! A que soa a mar de divertido??
Vémonos en Setembro!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario