O recuncho de recitado de poesía estivo cheo durante a Hora de ler todos os días dende a inauguración, o luns 9 de abril, ata o peche do mesmo, o venres 20. Ás veces case non cabíamos no espazo habilitado para esta actividade!
Grandes e pequenos gozaron dos versos, das rimas, das figuras literarias, das adiviñas, das coplas... Mesmo tivemos que alongar o tempo diario, pois eramos moitos os que queríamos Poemar Historias.
Momento no que Paula le adiviñas do libro de Gloria Sánchez. no recuncho Poemando Historias. |
Grandes e pequenos gozaron dos versos, das rimas, das figuras literarias, das adiviñas, das coplas... Mesmo tivemos que alongar o tempo diario, pois eramos moitos os que queríamos Poemar Historias.
A profe Naty compartiu con nós un poema do Libro do Cen Poemas, baixo unha árbore aproveitando o bo tempo. |
Queremos agradecer a todos os lectores, de todos os cursos, a súa colaboración voluntaria na actividade. Agardamos por vós o ano que ven, com máis poesía!
Ningún comentario:
Publicar un comentario