Hoxe, Día do Libro, a Agrupacón Musical de Vincios convidounos ás súas instalacións para celebrar esta data como se merece: escoitando contos!
Eles son uns expertos en poñerlle música ás historias, como ben vos podedes imaxinar. A flauta travesera, a trompeta, o trombón, a clave, o xilófono... encheron de notas os tres contos propostos da man de Fran, Iñaki, Adrián, Miriam, Mari Carme e Alejandro.
El sueño del rey Iván contounos a historia do Rey Iván na procura da súa amada; o segundo conto, Iago viaxa coa súa avoa, levounos ata o aeroporto para ir de vacacións; e a terceira proposta, Iago vai á escola, lembrounos a todos o noso primeiro día de escola que, ao final, non é tan malo como parece.
Acudimos en dúas sesións, primeiro os máis pequenos, ata 2º, e logo os maiores. Ademais dos contos, aprendemos máis sobre os instrumentos e puidemos tocalos (ou máis ben intentalo).
Queremos dende aquí darlle as gracias á Agrupación Musical de Vincios pola súa invitación e a noraboa polo seu traballo. Sodes xeniais, chicos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario