Estamos comezando o curso e temos as pilas ben cargadas do verán, así que xa estamos traballando duro... e divertido!
Os alumnos de 4º comezaron a familiarizarse cos Escornabots coa realización de tres sinxelas tarefas para facer en grupo.
Na primeira tarefa tiñan que reflexionar sobre o concepto de robot e as súas posibilidades e, a partir das conclusións grupais, inventar un novo robot e explicar as súas funcións.
Na segunda tarefa tiñan que inventariar as pezas que contén o robot para a súa montaxe, debuxándoas e indicando a cantidade de cada unha delas.
Na terceira tafera tiñan que identificar as pezas de montaxe do corpo do robot e numeralas segundo as instruccións de montaxe.
Aquí vos deixamos un vídeo que resume o traballo feito na aula. Estamos encantados!
¡Qué guapos estais! que vos quede ben o escornabot!
ResponderEliminar¡Qué guapos estais! Que vos quede ben o escornabot!
ResponderEliminarComo mola montar un escornabot!
ResponderEliminar