xoves, 8 de outubro de 2026

APERTURA DA BIBLIOTECA "LIBRINCIOS"

 COMPARTINDO HISTORIAS DE NOVO!

Familias, nenas, nenos e profes... hoxe abrimos de novo a Biblio!!!  

Comeza o servicio de préstamo e actividades que xiran ao redor da Biblio. Libri está desexando compartir libros e contos con todos vos!

Tamén quere animar ás familias a que participen no ciclo de Contacontos 2026-27. Os papás, mamás, avoas, avós, irmáns... que o desexen, poden enviar un correo electrónico a librincios@gmail.com contándonos que libro gustaríavos contar, a que cursos e o día que preferides. Os Contacontos lévanse a cabo na Hora de Ler. Se o preferides, podedes contactar co titor/titora dos vosos fillos/as.

Librincios agradece a vosa colaboración!!

Benvidos e benvidas a un novo curso lector!!




martes, 8 de setembro de 2026

CURSO 2026-27

 PREPARADOS,,, PREPARADAS, LISTOS,,, COMEZAMOS!!!!

 Ay amigas💗 amigos💗 Estou nervioso, non para quieto no niño! Que ganiñas teño de que chegue mañá para volver a compartir un montón de aventuras, lecturas e aprendizaxes todas e todos xuntos!! A Biblio está moi aburrida sen vós!!

Espero que veñades ben descansadiñ@s do verán e con moitas forzas porque neste novo curso 2026-27 ímolo pasar xenial!

Ah!! Unha cousiña a mar de importante!!. Lembrade que, ANTES DO 17 de SETEMBRO, temos que facer as DEVOLUCIÓNS dos libros que levamos para casa no EMPRÉSTITOS de VERÁN! 




venres, 3 de xullo de 2026

FELIZ VERÁN 2026!!

Chegan xa as ansiadas vacacións e poder gozar dun ben merecido descanso!!

Despedimos este curso cunhas fermosas fotos e unhas peciñas musicais a mar de interesantes:

Obradoiro de Primavera levado a cabo polos/as Axudantes de Biblio. Que ben o fixeron... con que ilusión e responsabilidade!!



Club de Lectura de 5º e 6º E.P. Libri estivo tan despistado eses días, correndo dun lado a outro,  que non fixo todas as fotiños que precisaba. Pero as que deixamos aquí, representan a todas as nenas e nenos que participaron no Club de Lectura nas dúas quendas que levamos a cabo. Moitas grazas por apuntarvos a esta nova experiencia lectora!! Como nos emocionamos lendo "Palabras de Caramelo" de Gonzalo Moure. Unha historia dura e fermosa a partes iguais que recomendamos a grandes e pequenos!



E para ter unha despedida musical, os nenos e nenas de 4º B, experimentando coa tecnoloxía, os circuitos eléctricos e diferentes elementos da natureza, compuxeron estas orixinais pezas musicais...

Premede en cada peza musical para poder visualizar cada vídeo.




FELIZ VERÁN AMIGOS E AMIGAS!!
VÉMONOS DE NOVO EN SETEMBRO!!



martes, 30 de xuño de 2026

Obra de Teatro

Como despedida do centro, o alumnado de 6º de Educación Primaria quixo agasallarnos cunha divertida e especial representación teatral: A moi catastrófica visita ao zoo. 🦁🐒🦓

Durante a obra, o alumnado converteuse en actores e actrices para ofrecernos unha historia chea de humor, aventuras, animais e situacións disparatadas, demostrando todo o traballo, a ilusión e a creatividade que puxeron nesta experiencia.

Foi unha ocasión moi especial para compartir coa comunidade educativa o seu talento e, sobre todo, para despedirse do centro deixando atrás risas, emocións e un fermoso recordo.



xoves, 25 de xuño de 2026

BIBLIOTECA CREATIVA: "ATÍPICO CIRCO"

🎪 "O CIRCO": APRENDIZAXE E DIVERSIÓN!!🎪

No mes de xuño, da man de “Atípico Circo”, pasamos unha xornada moi entretida chea de actividades inspiradas no mundo do circo, onde a diversión e a aprendizaxe foron á par. A través de xogos, retos e dinámicas grupais, os nenos e nenas de E.I. e E.P. traballamos habilidades como a coordinación, a creatividade e a expresión corporal. Ademais, o  obradoiro converteuse nunha oportunidade para fomentar valores tan importantes como o traballo en equipo, a colaboración e a convivencia, compartindo experiencias nun ambiente de respecto e confianza, amosando que...

 ...xuntos podemos lograr moito máis!!!