Chegan xa as ansiadas vacacións e poder gozar dun ben merecido descanso!!
Despedimos este curso cunhas fermosas fotos e unhas peciñas musicais a mar de interesantes:
Obradoiro de Primavera levado a cabo polos/as Axudantes de Biblio. Que ben o fixeron... con que ilusión e responsabilidade!!
Club de Lectura de 5º e 6º E.P. Libri estivo tan despistado eses días, correndo dun lado a outro, que non fixo todas as fotiños que precisaba. Pero as que deixamos aquí, representan a todas as nenas e nenos que participaron no Club de Lectura nas dúas quendas que levamos a cabo. Moitas grazas por apuntarvos a esta nova experiencia lectora!! Como nos emocionamos lendo "Palabras de Caramelo" de Gonzalo Moure. Unha historia dura e fermosa a partes iguais que recomendamos a grandes e pequenos!
Premede en cada peza musical para poder visualizar cada vídeo.
FELIZ VERÁN AMIGOS E AMIGAS!!
VÉMONOS DE NOVO EN SETEMBRO!!




Ningún comentario:
Publicar un comentario