xoves, 23 de abril de 2026

23 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

GRACIAS POLA LITERATURA!!

Hoxe, xoves, 23 de Abril, celebramos o Día Internacional do Libro

Alá polo verán do ano 1988...no século pasado!!, a UNESCO escolleu este día para promover a lectura entre todas as persoas.

E por que este día? Tal día como ese, pero do ano 1616, finaron dous escritores moi importantes da literatura universal. Un deles era español, e seguro que o coñecedes. Chamábase MIGUEL DE CERVANTES, o autor de "EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA", que escribiu no ano 1605. O outro era inglés, e levaba por nome WILLIAM SHAKESPEARE, a que tamén vos soa?, autor de libros como "ROMEO Y JULIETA", que escribiu en 1597.

Por iso, Librincios quere compartirvos algúns títulos que formaron parte dos nosos contacontos da 2ª avaliación, e unha pequeniña recomendación lectora para os adultos da casa.

E lembrade que os libros cobran vida cando os lemos e os facemos nosos!




        FELIZ DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO!!




  


Ningún comentario:

Publicar un comentario