xoves, 26 de marzo de 2026

CERTAME DE FOTOGRAFÍA 2025-2026

HABELAS... HAILAS!

Librincios, aproveitando a chegada das vacacións de Semana Santa e que temos máis tempo de lecer, convida a todas as nenas e nenos, familias e mestres a participar no Certame de Fotografía 2025-2026.

A nosa mascota da Biblio está ansiosa por descubrir lugares máxicos relacionados coas lendas e a mitoloxía galega. Tamén podedes disfrazarvos dalgún ser mitolóxico! Só tendes que inmortalizalo nunha foto e explicar o que nela aparece .

Animarvos a participar!!

Lede atentamente as bases do Certame, e... a por elo!




Ningún comentario:

Publicar un comentario