mércores, 2 de outubro de 2024

PREPARADOS... PREPARADAS? COMEZAMOS!!!

 XA ESTAMOS DE VOLTA!!

De novo xuntos para unha nova aventura na que os protagonistas  serán os nenos, nenas, familias e profes. O paxariño máis famoso da Serra, Librincios, está xa preparando o seu niño para recibirnos e compartir connosco unha chea de experiencias a mar de emocionantes.

E o primeiriño que quere compartirnos e...

PLATAFORMA DE PRÉSTAMOS DE LECTURA DIXITAL E-LBE.2

Nos próximos días, as nenas e nenos de nova incorporación ao centro levarán para casa o NOME DE USUARIO e CONTRASINAL para poder acceder e facer uso da PLATAFORMA DE LECTURA DIXITAL E-LBE.2, cuxo obxectivo é achegar a lectura dixital a nenos, nenas e familias. O resto do alumnado continuará empregando as credenciais facilitadas no pasado curso.

A CONTRASINAL a podedes cambiar se así o considerades (NON así o NOME DE USUARIO). Se optades por cambiala por outra lembrade gardala, xa que para nos sería moi complicado poder recuperar esa conta. Se non modificastes a contrasinal e por algún motivo extraviastes estas credenciais que nós vos facilitamos no seu momento, facérnolo saber, tentaremos volver a enviárvolas.

Lembrade que podedes visualizar o libro ou libros escollidos no ordenador, descargando unha aplicación para Windows no Microsoft Store (precisades crear unha conta se non a tedes). Tamén os podedes visualizar no teléfono móbil  ou tablet descargando a app no Play Store, Apple Store ou Microsoft Store (a aplicación é a de Lectura Dixital ELBE.2)

O libro/s que escollades (máximo 2 de xeito simultáneo), o teredes en préstamo durante 15 días en formato dixital. No presente curso, poderanse coller emprestados nesta plataforma ata un total de 10 títulos.

Por último, para acceder á "Plataforma Dixital ELBE.2" clicade aquí embaixo e xa poderedes acceder á Biblioteca Dixital. Introducide o Nome de Usuario e Contrasinal que vos enviaremos dende o centro e buscade o libro ou libros que os peques da casa queiran ler (tamén vós podedes escoller lecturas!!). Unha vez seleccionado, vos indicará a mesma plataforma todo o que precisades e os links para a descarga.

PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á PLATAFORMA








Ningún comentario:

Publicar un comentario