CONMEMORAMOS O 25 N
Como cada ano, segue a ser moi necesario non esquecer que aínda hai mulleres e nenas sufrindo situacións de maltrato e abusos por razóns de sexo, e, continúa a ser fundamental a implicación de todos e todas nós para loitar contra esta lacra.
Desta volta, a profe Lucía, compartiunos unha dura e moi emotiva historia real que tivo lugar na primeira metade do século XX, na República Dominicana baixo a dictadura de Rafael L. Trujillo, cuxas protagonistas foron as tres irmás Mirabal: Patria, Minerva e María Teresa Mirabal.
Estas tres mozas, "As Bolboretas", foron asasinadas, por orde do dictador Trujillo e como consecuencia dunha vinganza persoal, un 25 de Novembro de 1960. Por este motivo, para conmemorar a loita que emprenderon pola liberdade, as Nacións Unidas instituíu este día como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e tamén para seguir sendo conscientes de que, ao longo do mundo, moitas mulleres e nenas viven situacións de maltrato por ser mulleres, sen acceso, moitas veces, a educación, sanidade, xustiza, protección... en definitiva, sen dereito a unha vida digna e en liberdade.
Neste pequeno vídeo podes ver como vivimos a semana do 25 de Novembro no cole, descubrindo a sobrecolledora historia das Irmás Mirabal e cun obradoiro no que elaboramos Bolboretas para rendir a nosa humilde homenaxe as vítimas de violencia de xénero que, ao longo deste ano (ata a celebración deste obradoiro), foron asasinadas en España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario