CONTAMOS UN CONTO?
Os días 17 e 19 de outubro, os nenos e nenas de E.I. tivemos un contacontos moi viaxeiro. Da man dun ratiño moi curioso e inquedo, descubrimos lugares abraiantes e amigos a mar de interesantes.
Ti sabías que o máis valioso das nosas viaxes polo mundo adiante son as novas amizades que facemos?
A profe María visitounos nas nosas aulas e trouxo un conto que lle emprestaron nunha Biblioteca amiga. Titúlase "RATO EN FUGA" e está escrito por un señor de gran maxín que leva por nome MIGUEL ORDÓÑEZ.
Esqueciamos dicirvos que a profe viña acompañada dun amigo moi amoroso. Chámase Pancho e portouse xenial! Fíxose moi amigo noso e do ratiño do conto...
Ningún comentario:
Publicar un comentario