CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!!
O pasado 23 de ABRIL, o mundo enteiro festexou o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO. No ano 1988, a UNESCO decidiu que, nese día, os protagonistas serían os libros. Elixiuse esta data por ser punto en común no nacemento ou pasamento de grandes persoeiros das nosas letras: MIGUEL DE CERVANTES, WILLIAM SHAKESPEARE, INCA GARCILASO DE LA VEGA, TERESA DE LA PARRA, VLADIMIR NABOKOV ou JOSEP PLA, entre outros.
Pero cun só día de celebración, non iamos ter dabondo, así que LIBRINCIOS propúxonos festexar o Día do Libro ao longo dunha semana, con emotivas XUNTANZAS entre padriños, madriñas, afillados e afilladas. Ademáis, gozamos tamén dun entretido OBRADOIRO para elaborar CAMELIAS ( se en Cataluña, na súa Feria do Libro regalan rosas, por que nós non podemos regalar camelias?), a nosa flor máis internacional, para agasallarnos o último día dunha semana a mar de literaria.
Queres ver o ben que o pasamos? Aquí tes unha mostra!
3 ANOS e 3º P.
4 ANOS e 4º P.
5 ANOS e 5º P.
1º P. e 6º P.
2º P. e PROFES ESPECIALISTAS
OBRADOIRO DE CAMELIAS E LECTURAS AO SOL
Ningún comentario:
Publicar un comentario