Como peche de trimestre, o curso de 2º de EP e a etapa de EI fixeron as súas magníficas exposicións para deleitarnos a tod@s co traballo que están a facer sobre "O meu lugar do mundo"
A verdade é que son traballos estupendos e gustáronnos un montón!!
As nenas e nenos de 2º estiveron a traballar sobre a India. Aprenderon unha chea de cousas que nos contaron a modo de concurso televisivo.
Estivo moi emocionante!
Os peques de Infantil traballaron moito este trimestre para ensinarlle a tódolos nenos do cole o que aprenderon sobre o noso planeta Terra.
Aquí vos deixamos a súa exposición para a biblioteca!
Agardamos que vos guste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario