CONTACONTOS PARA GRANDES E PEQUENOS
Nesta 2º avaliación que rematamos hai ben pouquiño, poidemos gozar de dous fermosos contos... un moi emotivo e ben repletiño de aventuras e outro que nos fixo pensar.
A profe María, contounos, as nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. "UNA ABUELA POR EL MUNDO" de LUCÍA MOJÓN. Da man da avoa Carmela e das súas aventuras rendimos unha moi ben merecida homenaxe a todas as avoas do mundo.
Queres ver o moito que nos gustou a historia da avoa Carmela? Preme neste enlace e o comprobarás!
Por outra banda, as nenas e nenos de 5º e 6º de E.P. tamén fomos agasallados cun relato a mar de concienzudo. A profe Carmen achegounos, por primeira vez, aos textos divulgativos da man do escritor británico Herber George Wells e do astrónomo Carl Edward Sagan.
Estivemos tan concentrados no relato que esquecémonos de inmortalizar esta xuntanza literaria!. Pero a profe fíxonos este libriño co extracto do artigo que nos relatou, "O Descubrimento do Futuro".
Ningún comentario:
Publicar un comentario