SEMANA DA POESÍA
Ao final da 2ª avaliación, festexamos o Día Mundial da Poesía, que se celebra o 21 de marzo dende o ano 1999 a proposta da UNESCO, co obxectivo de por en valor a importancia da palabra como vehículo para a convivencia e a reflexión, ademáis do fortalecemento da cultura mundial como nexo de unión entre todos e todas nos. E isto tan raro que quere dicir??? Pois que nos encanta xogar coas palabras e a música que se agocha nelas, e así poder espertar sentimentos fermosos nos demais.
No cole, tamén queríamos unirnos a esta celebración, pero coma non temos suficiente cun so día, quixemos máis! Así que adicamos case dúas semanas completiñas a celebrar xuntos, padriños e afillados, este día tan fermoso e cheo de maxia.
Deixamos este pequeno vídeo para que vexades o moito que gozamos todos estes días, agasallándonos poemas, soños e palabras cantarinas...
Pero isto non é todo!! Librincios recoméndavos facer unha visita polos blogs dos nosos e as nosas compis... anímate e atoparás máis poesía!
3º e afilladas e afillados de 3 anos
Ningún comentario:
Publicar un comentario