CONTACONTOS CON LIBRINCIOS
Esta avaliación que está a piques de rematar, mamis e profes visitaron a nosa Biblio para contarnos uns contos a mar de fermosos. Uns fixéronnos pensar, emocionarnos e poñernos na pel de persoas que están a sufrir, e outros contos divertíronnos un montón.
Queres saber cales foron? Presta atención!
O día 22 de Novembro, os nenos e nenas de 2º contáronlle as súas compañeiras e compañeiros de 1º o conto "A QUE SABE A LÚA?", escrito por MICHAEL GREJNIEC.
Preme neste enlace e poderás ver o ben que o pasaron!
O conto escollido foi "SOY SOLO MÍA", escrito por RAQUEL DÍAZ REGUERA.
Preme no título do conto e verás o moito que nos gustou.
"SOY SOLO MÍA" RAQUEL DÍAZ REGUERA
Para celebrar o SAMAÍN, a nai de SERGIO LEMOS, de 1º, fíxonos un contacontos moi especial. Contounos "CORRE, CORRE CABACIÑA" de EVA MEJUTO, en lingua de signos. Como nos gustou!!. Gracias Belén!!
Queres ver o ben que o pasamos e o moito que aprendemos? Preme no título do conto...
"CORRE, CORRE CABACIÑA" EVA MEJUTO
No mes de Decembro, xa moi pretiño do Nadal, a profe María, contoulles as nenas e nenos de 3º e 4º "EL RENO DE NAVIDAD", escrito por NICOLA KILLEN. Que ben o pasamos deixando que a ilusión do Nadal saira do conto da man da nena protagonista e do seu novo e máxico amigo e nos debuxara a todos e todas un grande sorriso na cara!!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario