sábado, 23 de abril de 2022

23 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Hoxe celebramos o "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR".  A UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) elixiu o 23 de Abril coa intención de rendirlle unha moi merecida homenaxe a escritores tan importantes como MIGUEL DE CERVANTES, GARCILASO DE  LA VEGA ou WILLIAM SHAKESPEARE,  que morreron tal día como este deixándonos obras cume da literatura de todos os tempos.

Nós,  acompañados do noso amigo Librincios, ímonos unir ao festexo. Pero como non temos suficiente cun so día... o imos celebrar durante todiña a semana que ven!!

E... que imos facer ? Para descubrilo teredes que agardar ata o luns!!!

Eso sí,  Librincios deixou este pequeniño agasallo  tan fermoso que nos preparou con todo o seu cariño...



E ti? Vas a celebrar este Día co teu libro favorito? Eu xa teño o meu preparadiño! Disfruta moito das lecturas e prepárate a deixar voar a imaxinación entre a súas páxinas!!


 



Ningún comentario:

Publicar un comentario