MULLER, NENA E CIENCIA: ABRINDO CAMIÑOS!!
Para celebrar como se merece o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, as nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria fixeron para todos nos estes fermosísimos murais. Nun deles, lembramos as valiosísimas aportacións que mulleres tan importantes como Marie Curie ou a galega Antonia Ferrín Moreiras fixeron en diferentes campos do saber nuns momentos nos que as mulleres tiñan moitas trabas para poder exercer a súa paixón polas ciencias e a investigación.
Como non podían faltar as Científicas e Científicos do Futuro, aquí tendes unha pequeniña mostra das mentes que van a abanderar os grandes descubrimentos vindeiros, que xa empezan a xerminar nestas cabeciñas desexosas de cambiar o mundo... E todas elas están no Serra-Vincios!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario