O alumnado de 5º e 6º estivo traballando a arte como verdadeiros artistas, creando as súas propias obras pictóricas e sensibilizándose coas obras de grandes artistas.
Pero tamén se sensibilizaron coa arquitectura da man da obra de Antonio Palacios. Visitaron os lugares onde se ubican obras do xenial arquitecto porriñés, viron a casa onde viviu e foron ao cemiterio de Porriño para ver onde está soterrado, no centro do camposanto debaixo dunha enorme lousa de granito; pedra esencial das súas obras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario