xoves, 14 de xaneiro de 2021

Lectura dixital. Bibliotecas escolares

    Ola familias!

     O proxecto piloto ELBE.2 forma parte do Plan LIA . Busca que profesorado e alumnado coñezan de primeira man a lectura dixital.  De aí que todo o alumnado dispoña dun nome de  usuario e dunha contrasinal para poder acceder a esta biblioteca dixital, na que podedes seleccionar un libro para ler e que teredes en empréstito 15 días en formato dixital. 

    Podedes visualizar o libro no ordenador, descargando unha aplicación para Windows no Microsoft store (precisades crear unha conta se non a tedes). Tamén o podedes visualizar no móbil ou  tablet descargando a app no Play Store, Apple Store ou Microsoft Store (a aplicación é a de Lectura dixital Elbe.2).

    De todos os xeitos, se clicades sobre a imaxe seguinte xa podedes acceder á biblioteca. Introducide o nome de usuario e contrasinal que vos enviaremos desde o centro e buscade o libro que queirades ler. Unha vez seleccionado, xa se vos indica o que precisades e os links para a descarga.

    Nuns días empezarán a chegarvos os datos que precisades. Un saudiño e a pasar un bo rato de lecer!

Ningún comentario:

Publicar un comentario