mércores, 15 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO


Como moitos de vos xa sabedes, e os que non, sabédelo agora, o xoves día 23 de este mes conmemórase o día do libro... vexamos quen é o primeiro que nos di por que!... (o primeiro que faga un comentario dicindo o motivo  será o gañador...)

Xa que non o imos poder celebralo no colexio, que vos parece se o facemos dende aquí ?

Librincios pensou que poderíamos coller un libro que vos guste moito, dos que tendes por casa, e escribir unha palabra que diga como vos fai sentir ou na que vos faga pensar... 

A min gustoume tanto a idea que xa fixen a miña!



Veña, animádevos a mandar as vosas...a ver se conseguimos as de todas e todos e, cando poidamos volver, facemos un mural con todas elas...gustaríavos?

Ningún comentario:

Publicar un comentario