Esta actividade foi realizada polos alumnos de 3º Educación primaria para "Escola eu rural". A tarefa ten unha repercusión social que consistiu en elaborar unha guía turística de Vincios para dar a coñecer os lugares de interese, elementos artísticos, flora e fauna, folclore…
Foron varias as actividades que se realizaron pero unha delas consistíu en amosar unha parte da nosa vila, unha ruta pola beira do Zamáns para coñecer os diferentes tipos de árbores que medran na contorna, observar algunhas aves e as ruínas do que noutros tempos foron muíños de auga.
Os obxectivos desta tarefa eran:
- Aprender a traballar en equipo; buscar
- Seleccionar e reelaborar información
- Usar ferramentas TIC para a elaboración de traballos
- Desenvolver a creatividade e autonomía
- Usar a Biblioteca como fonte de información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario